A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación cultural da “Cereixa de sol” do mes de xuño, tendo como protagonistas a fotografía e o baile.
O 20 de xuño terá lugar a inauguración da exposición “Beade fotográfica”, realizada polo alumnado do curso de fotografía do C.S.C.R. de Beade e que estará aberta ao público ata 20 de xullo na sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade.
Finalmente, será a q00uenda do “Festival de baile moderno”, un evento organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais que contará coa participación dos grupos do C.S.C.R. de Beade, O Fiadeiro e Vigo Centro.
O acto está programado para o domingo 29 de xuño ás 19:00H no auditorio do C.S.C.R. de Beade.

