A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no tradicional “Certame de Rondallas do Porriño”.
A nosa formación será unha das 16 rondallas que participen este 12 de xaneiro no acto organizado polo Concello do Porriño que pon fin ao Nadal da vila.
Se o tempo o permite, se realizará primeiramente un pasacalle a partir das 17:00H., dando paso ás 17:30H. ao acto central no Pavillón Municipal, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

