O Club Deportivo do C.S.C.R. de Beade vai realizar durante o mes de setembro unhas xornadas de portas abertas para a sección de atletismo.
Un deporte que ensina á cativada a traballar en equipo e o compañeirismo, ademais de ser unha actividade excepcional para compaxinar cos estudos.
Se estades interesadas e interesados en formar parte da actividade, podedes achegarvos aos adestramentos que se realizarán os martes ás 18:00h. no CUVI, venres ás 18:00h. no Parque de Castrelos e os domingos ás 11:00h. na Praia de Samil (no aparcadoiro que está situado ao lado das pistas de tenis).
Máis información na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.

