A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade abre ao público a mostra de carteis da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa”, evento que se celebrará durante os días 7 e 8 de xuño na parroquia viguesa.
Os visitantes poderán observar de primeira man as máis de cen obras realizadas polo alumnado do CEIP Coutada Beade, CEIP Otero Pedraio e IES de Beade.
Nos vindeiros días, un xurado composto por persoas vinculadas ás artes creativas e cultura será quen de decidir a obra gañadora, ademais de determinar o segundo e o terceiro premio.
A exposición estará aberta ata o 9 de xuño de 2025, de luns a domingo en horario de 10H a 21H.
PREMIO MENCIÓN ESPECIAL DO PÚBLICO
Nesta edición, o público será quen de decidir o cartel que deba levar unha mención especial.
Para elo se habilitará un buzón onde os asistentes á exposición poderán votar, ata os días previos á celebración da festividade, por aqueles que máis lle impresionen visual, artística e tecnicamente

