Intensa actividade para os nosos atletas nas diferentes competicións disputadas en Vigo, Ourense e A Pobra do Caramiñal.
Comezamos o resumo co acaecido no Control A.V.A. de Pista Cubierta 2025, disputado o venres 17 de xaneiro no IFEVI.
Esta proba contou cunha ampla representación de rapazas e rapaces.
Continuando coa fin de semana, o Control FGA que tivo lugar o 18 de xaneiro en Ourense deixounos o récord galego de 1.000m en pista cuberta establecido por Xoel Franco, cunha marca de 2:33.45
En canto á xornada do domingo 19 de xaneiro, o Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Sub14 – Sub12 – Sub10 2025 – XXVIII Memorial Alejandro Lorenzo, celebrado en A Pobra do Caramiñal, estivo marcado por unhas condicións climatolóxicas adversas.
Da competición cómpre mencionar as actuacións do equipo Sub-12 feminina (1ªs na clasificación por equipos); equipo Sub-14 feminina (3ªs na clasificación por equipos) e Fernanda Mateo (3ª na clasificación Sub-12 feminina).
Así mesmo, son destacables as actuacións de Deva Pallás (4ª na clasificación Sub-12 feminina); Ángel Rodríguez (4º na clasificación Sub-14 masculina); Equipo Sub-10 masculina (5ºs na clasificación por equipos); Equipo Sub-12 masculina (5ºs na clasificación por equipos); Cíes Rías (5ª na clasificación Sub-12 feminina); Antón Fuentes (5º na clasificación Sub-12 masculina); Alejandro González (6º na clasificación Sub-10 masculina) e Sara Rosales (6ª na clasificación Sub-10 feminina)
Finalizamos a publicación desexando moita sorte a Carla Guisande e Xoel Franco, atletas do clube que defenderán as cores da selección galega no Campionato de España Campo a Través Individual e Federacións 2025 e Campionato de España de Cros de Seleccións Autonómicas Sub16 – Sub18 e inclusivo 2025, a celebrar os días 25 e 26 de xaneiro en El Cerro de los Ángeles de Getafe (Madrid).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

