A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai colaborar durante a semana do 6 de maio coa Asociación Española Contra o Cancro na súa tradicional Cuestación.
Todas aquelas veciñas e veciños de Beade que o desexen poderán achegarse ata as instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade para realizar unha aportación, dado que co seu apoio farán que se consiga, entre outros, seguir financiando os servizos de balde para pacientes e familiares aos que ofrecer e impulsar a investigación oncolóxica para superar o 70% de supervivencia no cancro en 2030.

