Meira prepárase para vivir as Festas de Samertolameu e Virxe do Carme 2023 durante o mes de agosto.
Este ano contará coa participación da Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» e a Rondalla do C.S.C.R. de Beade, formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade.
O 24 de agosto, a Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» realizará o pasacalle a partir das 10:00H.
O 26 de agosto ás 20:00H., os abandeirados e rondalleiros da Rondalla do C.S.C.R. de Beade desfilarán polo recinto da festa desde A Ponte ata a de Rouco.
O 27 de agosto ás 10:30H. terá lugar a subida dos Santos ata a Igrexa acompañada pola Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo».
Vos deixamos o programa ao completo:
Mércores, 23 de agosto
- Ás 12:00 h. Tirada de fogos anunciando o comezo das festas
- Ás 20:00 h. Misa na Igrexa de Santa Eulalia
- Ás 20:30 h. Baixada dos Santos acompañada pola Banda de Música Airiños do Morrazo
- Ás 21:00 h. Acendido do Alumeado
- Ás 21:45 h. Pregón a cargo de «antigos presidentes da festa»
- Ás 22:00 h. Verbena a cargo dos grupos: Soprano / América de Vigo
Xoves, 24 de agosto
- Ás 10:00 h. Pasacalle a cargo da Banda de cornetas, gaitas e tambores Ría de Vigo
- Ás 10:00 h. Misa rezada e ás 12:00 h. Misa solemne na honra a Samertolaméu acompañada do Coro da Igrexa Santa Eulalia con procesión
- Ás 18:00 h. Xogos populares e Festa da escuma
- Ás 19:00 h. Actuación dos Coros Samertolameu, Orfeón de Moaña, Moañesa, Crescendo, Arco da Vella de Domaio, Firras do Grove e Ondas da Ría.
- Ás 22:00 h. Verbena a cargo das orquestras: Gran Parada e Alkar
- Ás 24:00 h. Tirada espectacular de fogos de lucería
Venres, 25 de agosto
- Ás 10:00 h. Misa rezada e ás 12:00 h. Misa solemne na honra á Virxe do Carmen acompañada do Coro da Igrexa Santa Eulalia con procesión
- Ás 11:00 h. Pasacalle da Banda de Música Airiños do Morrazo
- Ás 19:30 h. Procesión desde o río da Ponte ata a lonxa, coa ofrenda aos Mariñeiros acompañada da Banda Airiños do Morrazo e o Coro Samertolameu. Este ano, a homenaxe da ofrenda aos mariñeiros vai ser a cargo de Valentín Rodríguez e a súa esposa (toda unha vida no mar). Ao rematar, farase entrega dunhas placas.
- Ás 22:00 h. Verbena a cargo das orquestras: Ritmo Joven e Alabama
Sábado, 26 de agosto
- Ás 11:00 h. Pasacalle da Charanga Amigos de Colores
- Ás 18:00 h. Actuación do Grupo de baile Hip Hop Ritmo Escola de Moaña
- Ás 19:00 h. Exhibición Pole Dance e Telas Aéreas por Lotus Aerofitness (Karina James)
- Ás 20:00 h. Desfile da Rondalla do C.S.C.R. de Beade desde A Ponte ata a de Rouco
- Ás 22:00 h. Verbena a cargo da orquestra: Pontevedra e DJ Sote
Domingo, 27 de agosto
- Ás 10:30 h. Subida dos Santos ata a Igrexa acompañada pola Banda de cornetas, gaitas e tambores Ría de Vigo
- Día do Neno – Atraccións (haberá unha hora, de 17:00 h. a 18:00 h. para as persoas que precisen un ambiente sen ruido.)
O evento nos medios de comunicación:
- Faro de Vigo 15/08/2023: https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2023/08/15/samertolameu-meira-fiestas-90965231.amp.html
- Faro de Vigo 27/08/2023: https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2023/08/27/desfile-rondalla-beade-da-colorido-91380629.html