Semana de grandes novas para a sección de atletismo do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acaecido o xoves 12 de xuño na II Ourense Series Provinciais de Atletismo – Xornada Extra, cita celebrada na Pista de Atletismo Josefina Salgado (O Pereiro de Aguiar) que contou coa presenza de Sabela Vázquez.
A atleta amosou unha boa actuación no Peso (3kg) Mulleres AL e en Disco Mulleres.
Índonos cara a fin de semana, a actividade deportiva tivo como epicentro o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos da cidade olívica.
Durante a mañá do sábado 14 de xuño disputouse o XIII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub12 en Pista AL, deixando un resultado de sobresaínte:
As atletas Sub12 do C.S.C.R. de Beade proclamáronse campioas.
Para elo, foron chave as 1ªs posicións de Fernanda Mateo nos 500m Mulleres e Deva Pallás nos 2.000m Marcha Mulleres; a 2ª praza de Sara Rivas na Altura Mulleres e María Costas na Pelota (300g) Mulleres; a 3ª posición de Mía Lago nos 1.000m Mulleres (con MMP na proba); a 4ª praza de Cíes Rial na Lonxitude Mulleres; as 5ªs posicións de Noa Lago nos 60m Mulleres e Candela Alonso no Peso (2kg) Mulleres e a 9ª praza para o equipo por relevos no 4 x 60m Mulleres.
En canto á xornada da tarde, o XIII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub10 en Pista AL deixa a 5ª posición xeral do equipo.
Ademais, son reseñables as MMP de Mauro García nos 500m Homes; Alejandro González nos 1.000m Homes; Martín Alonso na Lonxitude Homes e Roque Gil no Peso (1kg) Homes.
Finalizamos o resumo co XXXIV Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub14 en Pista AL, disputado o domingo 15 de xuño e do que cómpre mencionar as MMP de Roi Rial no Peso (3kg) Homes; Aicha Vila nos 80m Mulleres; Irene Burgos nos 2.000m Mulleres e Icía Ameneiro nos 1.000m Obstáculos Mulleres.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografía: Alfonso Vázquez

