A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade pecha a temporada de clases de ioga tibetano cun evento aberto a todos os públicos.
A cita terá lugar o 1 de agosto ás 10:30H. no auditorio, estando composto por unha sesión de relaxación con cuncos tibetanos na que calquera persoa que o desexe poderá acompañar ás alumnas de ioga que estiveron practicando a actividade durante o ano.
Os prezos oscilan entre os 5€ para as/os socias/os e os 10€ para as/os non socias/os.*
*As alumnas de ioga recibirán a clase de balde.

