Intensa actividade para os nosos atletas nas diferentes competicións disputadas en Ordes, Ourense e A Pobra do Caramiñal.
Comezamos o resumo co acaecido no IX Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Sub20 – Sub18, disputado o sábado 8 de febreiro en Ordes. Esta proba contou cunha representación de rapazas onde destaca Sabela Vázquez, que acadou a 3ª posición en disco e rematou en 4º lugar en martelo.
Continuando coa fin de semana, ese mesmo día tivo lugar en Ourense o Control FGA, no que estiveron presentes varios atletas masculinos.
En canto á xornada do domingo 9 de febreiro, o XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, celebrado en A Pobra do Caramiñal, deixounos a victoria de DEVA PALLÁS en 2 km marcha feminina na categoría Sub-12, proclamándose CAMPIOA GALEGA.
Ademais, XOEL FRANCO conta nestes intres coa MELLOR MARCA GALEGA E SEGUNDA A NIVEL NACIONAL NOS 3.000 M DA SÚA CATEGORÍA.
O atleta parou o crono en 8:51.46 no Control FGA celebrado o día 9 de febreiro en Ourense.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

