A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Miradas”, unha mostra de UMA onde están presentes retratos a bolígrafo en madeira e acrílicos en lienzo madeira.
Sobre a artista:
Pintora española nada en Vigo con residencia en Gondomar.
Retratista autodidacta, que na súa traxectoria de algo máis de unha década desenvolveu unha profusa obra, sendo na súa maoría con orixe en encargos privados, co emprego de diferentes técnicas, sempre na permanente búsqueda do máximo realismo.
Participou en diferentes exposicións de ámbito nacional (Córdoba, Ourense, Pontevedra) e internacional (na galería The Muisca, en París, e na Feria de Arte Contemporáneo de Mónaco).
Actualmente tamén adica parte do seu tempo á ensinanza de técnicas de debuxo e pintura, mostra da súa paixón pola divulgación da arte nas súas diversas expresións.
Nos seus comezos destaca o emprego de óleo o lápiz. Na actualidade, desenvolve unha parte da súa obra mediante pintura acrílica sobre cristal, madeira e tea, se ben destaca a creación de retratos con bolígrafos sobre madeira, o que permite contemplar como se fusionan á perfección os trazos do retrato coa veta da madeira, adquirindo ésta o seu protagonismo.
Esta técnica innovadora lle permite acadar o realismo que caracteriza as súas obras. En cada retrato pretende transmitir a través das miradas, entregándose a cada detalle, para captar a expresión coa máxima precisión.
A mostra estará aberta ata o 15 de abril de 2025, de luns a domingo en horario de 10H a 21H.

