Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade poñemos en coñecemento das veciñas e dos veciños a seguinte nova relativa ás probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA):
RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente (16,92 euros).
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente (16,92 euros) aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 16 de setembro ao 4 de outubro).
Toda a información a través da seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-

