A Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo, dentro do «Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores«, pon en marcha o servizo de rutas marítimas guiadas gratuítas pola Ría de Vigo, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre para as persoas maiores que favorezan aínda máis a súa socialización e, ó mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de rutas en barco pola Ría de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada.
Información da viaxe:
“Roteiro guiado de hora e media de duración na que descubrirán os segredos submarinos que esconde a ría de Vigo grazas a «Nemo», un drone submarino con cámara 4k, co que poderán ver en directo o sistema de cultivo de mexillóns, a fauna e a flora submarinas e algún dos barcos afundidos que descansan no fondo da Ría de Vigo mentres gozan navegando entre as famosas bateas galegas.”
Estas rutas en barco pola Ría de Vigo serán gratuitas para as persoas maiores de 65 anos.
Día e hora: 12 de outubro de 2023 ás 10:00H
Inscricións na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.