A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público a exposición fotográfica “Rabuñadas”, unha mostra realizada pola Agrupación Fotográfica 8DBAD en favor de Proyecto Gato.
Este acto é o primeiro da programación especial que se levará a cabo durante o mes de setembro.
A continuación será a quenda das conferencias, sendo:
Venres 13 de setembro ás 19:30 h: charla coloquio sobre “Historia da fotografía”. Poñente Antón Pazos.
(Duración aproximada 60 minutos).
Xoves 19 de setembro ás 19:30 h: charla coloquio sobre fotografía: “Inquedanzas naturais”. Poñente Francisco Crusat.
(Duración aproximada 60 minutos).
Venres 27 de setembro ás 19:00 h: taller de “Fotografía Lightpainting” para a cativada.
A exposición estará aberta ata o 27 de setembro de 2024, tendo horario de visita de luns a domingo de 10H a 21H.

