Tras un ano na nosa parroquia, o domingo 12 de maio vaise ceder o San Isidro Labrador a Castrelos.
Aquí vos deixamos cuns datos de interese:
11:00 H. – Misa na igrexa de San Estevo de Beade. Tralo remate se procederá á saída para a Igrexa de Santa María de Castrelos, tendo acompañemento musical a cargo do Grupo de gaitas “Arume” e Grupo de pandereteiras “A volta do Demo”.
12:15H. – Recibirase a San Isidro na Rúa Porto Loureiro, fronte ao Kiosco Castrelos, acompañado da Charanga Noroeste. A continuación partirase en dirección á Igrexa de Santa María de Castrelos.
13:00 H. – Celebrarase unha misa para recibir a San Isidro e, tralo remate, haberá actuación da Charanga Noroeste.
Xantar de confraternidade no Restaurante Moisés (Valladares). (Anotarse antes do día 7 de maio; máis información nos teléfonos de contacto.)

