A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe o sábado 20 de abril a Fauna 113 para representar a súa nova comedia titulada “Os veciños do lado”, unha historia hilarante e fresca coa que busca darlle unha volta de parafuso ao xénero co seu selo propio.
Sinopse:
María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cena de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que acaso non todos temos algo que ocultar?
Datos de interese:
Hora: sábado 20 de abril ás 20:00h. no Auditorio do Centro Cultural de Beade
Idade recomendada: +12 anos
Duración: 60 minutos

