A Rondalla do C.S.C.R. de Beade pechou a temporada 2023/24 participando no “VI Concurso de Rondallas” organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.
A nosa formación foi unha das quince rondallas que competiron o 14 de xaneiro no IFEVI, recinto que acolleu durante horas a música propia destas datas no sur da provincia de Pontevedra.
Vémonos todas e todos nuns meses para comezar un novo curso rondalleiro!

