Intensa fin de semana dos nosos atletas para comezar o ano 2025.
Centrándose a actividade deportiva na provincia de Ourense, comezamos o resumo co acaecido no “VI Trofeo + Deporte La Región en Pista Curta” e o Control FGA, tendo lugar o 3 e o 4 de xaneiro, probas nas que se acadaron varias MMP por parte dos integrantes do equipo.
Respecto ao “Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Absoluto – Sub23 – Sub20 – Sub18 – Sub16 – Individual e Clubs 2025”, celebrado o 4 de xaneiro en A Rúa, destaca a actuación de Xoel Franco, que ven de proclamarse campión galego Sub-16.
Boas actuacións de Carla Guisande (5ª) e Aldara Fonseca (9ª) na categoría Sub-23; Daniel Ameneiro (9°) en Sub-18 e para os Sub-16, que quedaron 4°s por equipos.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

