Abrimos prazo de inscrición para unha nova excursión.
Desta vez realizamos unha viaxe de tres días a terras portuguesas co seguinte itinerario:
DÍA 1:
Saída dende o lugar de orixe para chegar ao hotel a xantar.
Pola tarde se visitará Belenes de sal de río maior. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.
DÍA 2:
Despois do almorzo se porá rumbo a Lisboa. Xantar no restaurante concertado. Pola tarde se continuará visitando Lisboa. Cea e aloxamento no hotel.
DÍA 3:
Despois do almorzo se visitará Obidos. Xantar no hotel. De regreso ao lugar de orixe se coñecerá Poboa de Varzim, coa Igrexa de Balazar e a súa milagreira cruz de terra.
NOTA:
Anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Información a través do teléfono 986210967
Viaxe do venres 28 ao domingo 30 de novembro.

