A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VIII Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.
A nosa formación será unha das dezaoito rondallas que compitan o sábado 17 de xaneiro ás 17H. no IFEVI, recinto que agarda acoller preto de 1.500 rondalleiros.
As entradas, cun custe de 3€ por unidade, estarán á venda proximamente.

