Queda aberto o prazo de inscricións para participar na «XI Carreira da Cereixa».
A proba, integrada dentro do circuíto de carreiras populares «RunRunVigo» do Concello de Vigo, disputarase o 26 de maio, volvendo así a súa data habitual.
As e os corredores descubrirán a parroquia de Beade coas cerdeiras cheas de cereixas.
Inscricións a través de Magma Sports: https://magmasports.es/es/eventos/xi-carreira-da-cereixa