O domingo 8 de outubro ás 18:00H. teremos no noso auditorio o “XIX Encontro Folclórico” organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.
Os grupos de Froles Novas e Helios de Bembrive estarán presentes nunha xornada que contará coa colaboración especial do Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega”, Grupo de gaitas “Arume”, Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” e o Grupo Folclórico de Danças e Cantares do Fial (Portugal).

