A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “XLII Certame de Rondallas de Reis”.
Tras adiarse anteriormente por mor da climatoloxía, a actuación da Rondalla do C.S.C.R. de Beade terá lugar o domingo 12 de xaneiro ás 13:05H.
No evento organizado polo Concello de Gondomar estarán presentes 18 rondallas, sendo a nosa formación unha delas.

