Semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade, que nos deixa uns excelentes resultados para continuar sumando experiencias.
Comezamos o resumo co acontecido o xoves 1 de maio en O Pereiro de Aguiar, onde o equipo tivo representación na XLII Copa Deputación Ourense Atletismo – Final Sub10 – Sub12.
Disputada na Pista “Josefina Salgado” do Complexo Deportivo de Monterrei, destacan as MMP de Mateo Laíño na Altura Homes U12M Final; Sara Rivas na Altura Mulleres U12F Final; Deva Pallás no Peso (2kg) Mulleres AL Final e Candela Alonso no Peso (2kg) Mulleres AL Final.
Seguidamente, a xornada deportiva lévanos ata A Coruña, concretamente ata a pista de atletismo da UDC en Elviña, na que Sabela Vázquez obtivo, o venres 2 de maio, unha boa participación na proba do Peso (3kg) Mulleres AL Final do I Control Club Riazor 2025.
En canto á fin de semana, a actividade centrouse na cidade olívica.
O sábado 3 de maio, varios atletas se achegaron ata o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos para participar no III Control FGA Aire Libre (Xornada de mañá), deixando a MMP de Alfonso Molinos nos 500m Homes Final.
O domingo 4 de maio e, sen abandoar o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos, o V Control FGA Aire Libre (Xornada de mañá) achega os resultados máis significativos da fin de semana.
Do control cómpre mencionar as MMP nos 1.000m Homes Final 1/2 de Xoel Franco; Lucas Costas; Ángel Rodríguez; Nicolás Vázquez e Yonás Pousa, así como as de Pedro Acuña nos 100m Vallas (0,91) Homes Final; Uxía López nos 1.000m Mulleres Final 2/2 e Olivia Smyth nos 1.000m Mulleres Final 1/2.
E, o mesmo día no Estadio Municipal, disputouse a 3ª xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética 2025, tendo como representantes do clube a Deva Pallás nos 2.000m Marcha Mulleres Sub-12 Final e a Laia Gesto, con MMT nos 2.000m Marcha Mulleres Sub-14 Final.
Finalmente, unha delegación de atletas participou o propio domingo 4 de maio no II CarrasCross, proba que deu comezo no CEIP Carrasqueira e se desenvolveu polas rúas de Coruxo.
Dela actualizaremos datos ao longo da semana, aínda que si imos adiantar que o clube acadou catro triunfos parciais sobre doce categorías diferentes.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografía: Alfonso Vázquez

