O pasado sábado 16 de marzo tivo lugar a entrega de Trofeos dos XLV Xogos Intersociais e o Torneo Relámpago.
A edición, organizada pola SCDR Helios de Bembrive, contou coa participación da AVCU – CSCR de Beade, UVCD Candeán, Sociedad Cultural Recreativa y Deportiva Nautilius, CRAC de Coruxo, SCDA de Matamá, CRC O Torreiro de Priegue, AVCR San Mamede de Zamáns e SCDR Helios Bembrive.
Queremos agradecer á SCDR Helios de Bembrive o gran traballo desempeñado como organizador e aos participantes que representaron a nosa asociación.
Vémonos na vindeira edición!

