A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta a tradicional “Festa dos callos e dos socios” nun ano no que acada a súa XXV edición.
O evento, que se ven realizando dende 1996, está enmarcado dentro da programación cultural da “Cereixa de outono”.
Trátase dun punto de encontro na cidade de Vigo no que se fomenta tanto o turismo, como a gastronomía e cultura da terra.
Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar a partir das 11H. das racións de callos coa música do Grupo de cordas clásicas do C.S.C.R. de Beade e Os Escaravellos.
Así mesmo, na xornada de tarde se realizará unha colaboración especial no “Encontro Folclórico” da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, tendo lugar ás 18H. no auditorio do C.S.C.R. de Beade e estando presentes os grupos folclóricos desta casa e, dende Portugal, o G.F. Danças e Cantares do Fial (formación convidada pola A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade con motivo da “Festa dos callos e dos socios”).
O evento nos medios de comunicación:

