A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta unha nova edición da tradicional “Festa dos callos”.
O evento, que comezou a súa andaina no ano 1996, chega á 26. ª edición convertida nun punto de encontro na cidade de Vigo, fomentando o turismo, a gastronomía e a cultura da terra.
Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar o domingo 6 de outubro a partir das 11:00 h das racións de callos coa música do Grupo de gaitas Val do Fragoso e o grupo folk “As Escaravellas”.
Ademais, atendendo a numerosas peticións, volta o “pintacaras” para os máis pequenos da casa.
Comparte e sente a chegada do outono. Agardamos por ti e a túa familia!

