A “Feira – Festa da Cereixa” conmemorará a súa XXXVIII edición o 7 e 8 de xuño do 2025.
O evento, que se ven desenvolvendo na parroquia viguesa dende o ano 1986, dará comezo o sábado 7 de xuño ás 18:00 h coa celebración da tradicional “misa cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade”.
Ás 19:30 h terá lugar nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade o “Festival de baile moderno”, acto que contará coas intervencións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Grupo de bachata do C.S.C.R. de Beade e Escuela de Baile Pasos Bailegalicia.
A primeira xornada da festividade rematará coa actuación do grupo “No All Kansas”, ás 21:00 h, facendo viaxar ao público no tempo coa música dos 70, 80 e 90.
O domingo 8 de xuño, día grande da cereixa, arrancará ás 11:00 h co pasacalle da Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” e a “recepción de autoridades”.
Tras o pasacalle, a charanga “CostameKrelos” realizará o seu primeiro pase musical do día.
Entre as 11:30 h e as 12:00 h haberá degustación de balde da “Cereixa” e concursos de “Calidade”, “Derivados e transformación”, “Presentación” e “Repostería”.
A continuación será a quenda do “Acto central”, que estará amenizado pola Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo “Kv2211” e terá como pregoeira a Editorial Galaxia, editorial que este ano celebra o seu 75 aniversario, con máis de 3.000 títulos editados e un catálogo vivo de máis de 2.000, constituíndo hoxe a referencia histórica da edición en lingua galega.
Neste acto protocolario se fará entrega dos agasallos aos gañadores dos concursos citados anteriormente, aos rapaces premiados no concurso de carteis da cereixa, insignias aos socios máis antigos e rematará coa imposición das “cereixas de ouro”.
Despois do xantar, a actividade se retomará ás 17:00 h nos exteriores da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade co concurso do “Lanzamento de carabuña”, unha sección popular que se ven desenvolvendo en cada edición dende comezos da década pasada.
Ás 18:00 h haberá un pintacaras para todas as idades e media hora máis tarde, isto é, ás 18:30 h, voltará a música co segundo pase da charanga “CostameKrelos”.
O eido tradicional virá a partir das 20:00 h co “Festival folclórico”, tendo como participantes o Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega” do C.S.C.R. de Beade, Grupo de gaitas “Arume” do C.S.C.R. de Beade, Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade e Grupo etnográfico “A Buxaina” de Coruxo.
O “Fin de festa”, programado para ás 21:30 h, correrá a cargo de “Los Lunes al Sol”, trío musical que ofrecerá versións en directo do pop rock nacional e internacional dos 70, 80 e 90.
O cartaz da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa” leva a sinatura do ilustrador e deseñador gráfico vigués Denis Carballás, querendo plantexar na súa obra a esencia pola que se caracteriza a festividade: a transmisión xeracional de maiores a pequenos. Algo tan natural como festexar unha recolleita.

