Fin de semana de grandes novas para os nosos atletas que se desprazaron ata Ourense.
O XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub16 en Pista Curta celebrado o sábado 22 de febreiro deixanos o récord galego indoor realizado por Xoel Franco, logrando na proba dos 1.000 m. unha marca de 2:33.02.
Este fito representa un novo tope autonómico Sub16, superando o 2:33.45 que marcara o propio Xoel anteriormente.
Ademáis, se sitúa ao fronte do ranking de España e se coloca coa 3ª Mellor Marca Española U16 da historia en PC.
Así mesmo, son reseñables as actuacións de Breixo Silva en peso, Lucas Costas nos 1.000 m., Rubén Vázquez nos 300 m., Olivia Smyth nos 1.000 m., Paula Alonso nos 300 m., Lara Pérez nos 600 m., Daniel Currás nos 600 m., Uxía López nos 1.000 m. e Pedro Acuña nos 1.000 m., acadando todos eles MMP.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

