Autor: avbeade

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “Festival de Rondallas”. No evento participarán as formacións do C.S.C.R. de Beade; S.C.D.R. Helios de Bembrive; C.V.C. de Valladares; A.V.C.R. San Mamede de Zamáns; Santiago de Parada; O Mosteiro de Pexegueiro e San Martiño de Ventosela. A cita será o domingo 25 de xaneiro do 2026 ás 17:00H. no Pavillón das Travesas.

Read More

Imos a pola seguinte festa do ano, a de maior troula, a de Entroido! Se queres vivir unha experiencia única, a comparsa de Entroido de Beade é o teu lugar! Ven aos ensaios programados para os venres e sábados de tarde e disfruta rodeado dun ambiente especial. Inscricións na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a iniciativa da repoboación de cerdeiras na parroquia co obxectivo de seguir mantendo viva a tradición pola que é coñecida. Todas aquelas persoas interesadas en adquirir a árbore froiteira poderán reservar a súa unidade na secretaría da Asociación de Veciños. Colabora Monte Veciñal en Mancomún de Beade. Importante: distribución e venta baixo reserva.

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no tradicional “Certame de Rondallas do Porriño”. A nosa formación será unha das rondallas que participen o domingo 11 de xaneiro no acto organizado polo Concello do Porriño. Se o tempo o permite, se realizará primeiramente un pasacalle polo centro urbano a partir das 16:15H., dando paso ás 17:00H. ao acto central no Pavillón Municipal dos Deportes. 

Read More

O vindeiro martes 13 de xaneiro se abrirán as visitas para a Depuradora do Lagares. Trátase dunha interesante visita guiada para coñecer as instalacións máis punteiras cos diferentes procesos da agua. Os horarios son de 11:00H. a 12:30H. todos os martes, a excepción do último martes de cada mes, que será, ademais, de 17:00H. a 18:30H. O punto de encontro estará habilitado na porta principal das instalacións, con inscripción previa para a veciñanza da nosa parroquia na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VIII Certame de Rondallas de Vigo”. No evento participarán a nosa formación xunto coas de Bembrive, Valadares e Zamáns. A cita será o sábado 10 de xaneiro do 2026 ás 17:30H. no Pavillón de Navia.

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “XLIII Certame de Rondallas de Reis”. A actuación da Rondalla do C.S.C.R. de Beade, programada para o martes 6 de xaneiro ás 18:55H., terá como percorrido as Rúas Eduardo Iglesias, Ángel Urzaiz e Praza Paradela. No evento organizado polo Concello de Gondomar haberá 17 rondallas, sendo a nosa formación unha delas.

Read More

O sábado 3 de xaneiro, ás 16:00H sairá do Centro Cultural de Beade a cabalgata con Súas Maxestades, acompañados dos paxes. O percorrido da cabalgata será: Centro Cultural de Beade-Estrada da Coutada-Camiño Facho-Rúa Pouleira-Rúa do Couto-Rúa Lagoa-Camiño da Brea-Camiño das Relfas-Rúa Saa-Rúa do Seixo-Estrada da Venda- Estrada do Porto-Parada en Alvi Beade-Camiño Goaldino-Camiño das Presas- Rúa Castañal-Estrada do Porto-Parada en Residencial Dori-Estrada Coutada-Parada en Residencia a Palmera- Centro Cultural de Beade. Ao remate da cabalgata, terá lugar no Centro Cultural de Beade a recepción por parte das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, os cales serán recibidos pola Banda…

Read More

O mércores 31 de decembro imos poñer o punto e final ao 2025 cunha foliada! Mediante unha sesión vermú despediremos o ano todas e todos xuntos na cafetería do C.S.C.R. de Beade. A festa comezará a partir das 12:00H.!

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VIII Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. A nosa formación será unha das dezaoito rondallas que compitan o sábado 17 de xaneiro ás 17H. no IFEVI, recinto que agarda acoller preto de 1.500 rondalleiros. As entradas, cun custe de 3€ por unidade, estarán á venda proximamente.

Read More