Autor: avbeade

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade participará no “XXXV Certame de Rondallas do CVC de Valladares” que organiza o CVC de Valladares. A nosa formación formará parte dun cartaz composto pola Rondalla do C.V.C. de Valladares, Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive, Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla Santa María do Porriño, Rondalla da A.F. Airiños da Lagoa e Rondalla da AA.VV. Galiñeiro de Vincios. Vémonos todos e todas o sábado 27 de xaneiro ás 16H. no Campo de Fútbol de A Gándara.

Read More

O equipo directivo da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vos desexa unhas boas festas e feliz 2026. Que todos os vosos soños sexan cumpridos no ano que está a piques de comezar.

Read More

Unha delegación do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade estará presente no “Festival de danza” organizado polo C.C.R. de Cabral e o C.D. Flashdance. O acto, a celebrar o sábado 20 de decembro ás 17:00H. nas instalacións do C.C.R. de Cabral, contará con entrada libre ata completar aforo. Vémonos todas e todos!

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “XXVI Certame de Rondallas de Bembrive 2025”. O evento, adiado anteriormente por mor da climatoloxía adversa, ten como nova data o domingo 28 de decembro ás 16:00h., contando coa participación da Rondalla da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro, Rondalla do C.S.C.R. de Beade e da Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive. Queremos agradecer á Entidade Local Menor de Bembrive o convite ao acto.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade celebra o domingo 14 de decembro ás 18:00H. o seu tradicional “Festival de corais”. O evento, a celebrar na Igrexa de Santo Estevo de Beade, contará coa presenza da Coral Polifónica Cantos de Liberdade, Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns e Masa Coral do C.S.C.R. de Beade.

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “Rondallas Fest”. O evento, a celebrar durante os días 12 a 14 de decembro no Pazo de Mos, contará coa exposición “Rondallas Fest”, coloquio sobre a película “Rondallas”, obradoiros para a cativada de fabricación de instrumentos rondalleiros e chapas e certamen de rondallas. A nosa formación terá a súa participación o domingo 14 de decembro a partir das 16:30H., vémonos todas e todos!

Read More

Dentro do “Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores”, ponse en marcha unha nova iniciativa “Bailes en Vigo”, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre nas fins de semana para as persoas maiores, que favorezan aínda máis a súa socialización e, ao mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de bailes sociais nas diferentes entidades e asociacións de todas as parroquias de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Información do baile: Actividade gratuita, de baile…

Read More

A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participará o sábado 29 de novembro no “Concerto de Panxoliñas”. A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica Cantos de Liberdade e a Coral Polifónica Val do Fragoso e, previamente, o Coro infantil Son das Flores do Colexio Vicente Risto. O evento, enmarcado dentro da programación “Corais nas Luces do Nadal” de “Vigo, un mar de corais”, dará comezo ás 19:00 h no Auditorio da C.S.C.D.R. Val do Fragoso.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta o “IV Encontro de Rondallas en Beade”. O evento, programado para o sábado 13 de decembro a partir das 16:00H., contará con participación da Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla Airiños da Lagoa. Nun primeiro momento realizarán un pasacalle pola parroquia cos seguintes percorridos: Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende o cruce de Seixiños ata o aparcadoiro da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Rondalla do C.C.A.R. Valladares: dende o cruce da Igrexa ata o aparcadoiro da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Rondalla Airiños da Lagoa: dende o…

Read More

Chega o tradicional “Acendido da árbore de Nadal”, un evento moi especial que quere reunir á veciñanza para dar lugar a unha xornada chea de ilusión, maxia e unión que tanto caracterizan a estas datas. Vémonos todas e todos o sábado 29 de novembro ás 21:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.

Read More