A Asociación Xuvenil de Beade busca participantes para o seu novo evento que contará coa colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
“Beade en pasarela” é o nome escollido para o desfile que non busca prototipos, quere modelos reais e de todas as idades.
Se queres vivir unha experiencia diferente, este é o teu lugar, anímate e inscríbete na secretaría do C.S.C.R. de Beade ou chamando ao 986210967.
Tes de prazo ata o 26 de abril para ser modelo por un día e desfilar pola pasarela o sábado 4 de maio.

