Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Comeza a conta atrás para que chegue a época de maior troula do ano e con ela volve a comparsa de Entroido! Se queres vivir unha experiencia única, este é o teu lugar. Inscricións na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade! Reunión informativa o venres 21 de novembro ás 20:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Proxecto de emprego 2025 financiado polo Concello de Vigo.
O Grupo de teatro Tarantela viaxa esta fin de semana ata Soutomaior para representar “Alvariño Concueiro”. Estando enmarcada dentro do “Ciclo teatral de outono”, os espectadores serán quen de ver as historias dun grupo de pacientes que forman cola na sala de espera dun hospital. Non faltedes á cita, vémonos todas e todos o domingo 16 de novembro ás 18:00H. na Casa do Pobo Val-Sobral.
Gael Garrido ven de participar na XII Milla Solidaria Anedia celebrada o 9 de novembro en Pontevedra. O xoven atleta do C.S.C.R. de Beade realizou unha salientable actuación, acadando a 4ª posición e MMP na proba dos 1.000m masculinos Sub 14 e Sub 16. A marca rexistrada foi de 3:11.33 Moitos parabéns! Agradecementos fotografías: Nieves / Sonia
Abrimos prazo de inscrición para unha nova excursión. Desta vez realizamos unha viaxe de tres días a terras portuguesas co seguinte itinerario: DÍA 1: Saída dende o lugar de orixe para chegar ao hotel a xantar. Pola tarde se visitará Belenes de sal de río maior. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento. DÍA 2: Despois do almorzo se porá rumbo a Lisboa. Xantar no restaurante concertado. Pola tarde se continuará visitando Lisboa. Cea e aloxamento no hotel. DÍA 3: Despois do almorzo se visitará Obidos. Xantar no hotel. De regreso ao lugar de orixe se coñecerá Poboa de Varzim, coa…
Abrimos prazo de inscrición para unha nova excursión. Desta vez realizamos unha viaxe de un día a terras portuguesas co seguinte itinerario: Saída de orixe despois do xantar. Primero darase un paseo polo mercado semanal de Vilanova de Cerveira. A continuación se trasladará á Quinta de Malafaia, situada no corazón do Miño, o ten todo para ser un destino diferente. Espazo natural á vez que moderno e grandioso que contrasta co ambiente tradicional. Regreso de madrugada. NOTA: Anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Información a través do teléfono 986210967 Viaxe o sábado 22 de novembro.
O Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade participará na edición do outono do Vigo Dance Festival. O evento, organizado polo Concello de Vigo, pretende reunir a centenares de bailaríns de escolas, asociacións e grupos amateurs da nosa cidade. Vémonos todas e todos durante a fin de semana do 8 e 9 de novembro no Auditorio Mar de Vigo, con entrada de balde e aberto a todo o público!
Xoel Franco ven de participar no Cross Ponte Romana celebrado o 2 de novembro en Lugo. O xoven atleta do C.S.C.R. de Beade acadou a 1ª posición na proba dos Sub16. Moitos parabéns polo resultado acadado! Agradecementos fotografías: Raquel G.
A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participará o domingo 2 de novembro no “15º Festival Lírico Rey Rivero”. A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia e a Coral Polifónica San Roque. O evento, enmarcado dentro da programación dos “Concertos de Outono” de “Vigo, un mar de corais”, dará comezo ás 18:00 h no Salón de Actos do VERBUM.
O domingo 2 de novembro terá lugar na igrexa de Santo Estevo de Beade a toma de posesión do novo párroco de Beade, D. Samuel Montes. O acto dará comezo ás 12H., presidindo a Eucaristía o Sr. Obispo, D. Antonio José Valín.
