Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
- Nota informativa: subvencións ás OSAL para o Fomento do Emprego e a Estabilidade Laboral 2026
- Nota informativa: fomento do asociacionismo e participación cidadá 2026
- Plan de emprego 2026
- Visita á Depuradora do Lagares
- XIII Cross Monterrey 2026
- Prantación de cerdeiras 2026
- FGA Control Aire Libre 2026
- San Blas 2026
Autor: avbeade
O 10 de setembro tivo lugar a «XXXVII Carreira Popular Concello de Meaño», un evento deportivo no que participaron atletas pertencentes ao «Atletismo C.S.C.R. de Beade» acadando os seguintes resultados: Cíes Rial – 1ª Benxamín Ángel Rodríguez – 1º Alevín Xoel Franco – 1º Infantil Parabéns a todas e a todos por participar!
O 16 de setembro se inaugura a programación do «Outono Teatral» que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais. O noso auditorio será quen acolla a estrea recibindo a Helios Teatro coa obra «Y a usted, ¿Qué le sucede?». Seguidamente, o Grupo de teatro «Tarantela» visita o 23 de setembro a SCD «Atlántida» de Matamá para poñer en escea «O milagre de Santa María Juana», espectáculo que ven de participar na «XXV SETIC» en Villabalter (León). Finalmente, o 22 de outubro volve o programa teatral ao auditorio do C.S.C.R. de Beade coa chegada da Compañía Rueiro para representar «Historias…
Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade poñemos en coñecemento das veciñas e dos veciños a seguinte nova relativa ás probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA): A Xunta de Galicia por Resolución do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca as probas/exames para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento da Xunta de Galicia PL500C). As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023,…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ofrece “Cursos de Fotografía” de nivel de iniciación e avanzado nos que se impartirán: Longa Exposición Fotografía Macro Astrofotografía Lightpainting Paisaxe Retrato Máis información na secretaría do Centro Cultural de Beade ou no teléfono 986 210 967.
A Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo, dentro do «Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores», pon en marcha o servizo de rutas marítimas guiadas gratuítas pola Ría de Vigo, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre para as persoas maiores que favorezan aínda máis a súa socialización e, ó mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de rutas en barco pola Ría de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Información da…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar “Cereixa de outono”, a programación cultural que colle o relevo da “Cereixa de sol” e que fai alusión á estación que estamos a piques de comenzar. José Miranda, autor do cartaz, traládanos desta vez cara o monte de Beade, lugar característico e emblemático pola prantación de cerdeiras que hai nel. Así, se pecha o círculo das catro estacións da cereixa que dan nome á programación cultural da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, sendo “Cereixa de auga”, “Cereixa en flor”, “Cereixa de sol” e “Cereixa de outono”. O mes de setembro é inagurado polo “Outono teatral”, un evento organizado pola Agrupación…
Bembrive prepárase para vivir a Romaría de San Cibrán e San Cornelio 2023 durante o mes de setembro. Este ano contará coa participación da Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo», o Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega» e o Grupo de gaitas «Arume», formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade. A cita será o 17 de setembro na Carballeira dos Ramallos, onde as tres formacións realizarán as súas actuacións a partir das 11:00H. Vos deixamos o programa ao completo: Domingo, 17 de setembro Ás 11:00H., a Carballeira estará amenizada pola Banda de cornetas, gaitas e…
O «Club de Atletismo do C.S.C.R. de Beade» convoca a todos aqueles rapaces interesados no atletismo a participar na xornada de portas abertas que terá lugar do 11 ao 29 de setembro. Cada día, con sesións que irán dos 6 a 11 anos e a partir dos 12 anos, descubrirán o importante que é a práctica do deporte dende idades moi temperás. Vos deixamos cos horarios ao completo: De 6 a 11 anos Balaídos Martes: 18:00h. a 19:00h. Xoves: 18:00h. a 19:00h. Castrelos Luns: 19:00h. a 20:15h. (ale) Mércores: 18:00h. a 19:00h. (benx) Mércores: 19:00h. a 20:15h. (ale) Venres: 18:00h.…
Os compoñentes do «Club de Atletismo do C.S.C.R. de Beade» veñen de comezar a súa pretempada no Concello de Muiños (Ourense). Nun entorno repleto de natureza, os atletas, adestradores e familiares viviron unha intensa fin de semana na que estivo presente o traballo en equipo, sendo promovido pola práctica de deportes como o remo ou baloncesto.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acóllese ao programa Conectadas 2023 da Deputación de Pontevedra para ofrecer a acción formativa de «Horta Ecolóxica». O curso, que dará comezo no mes de setembro, será impartido os venres de 17:00h. a 19:00h. Este programa ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. Así mesmo, vai destinado a asociacións, federacións e fundacións…
