Autor: avbeade

O domingo 29 de outubro tivo lugar o «XIX Cross de Atapuerca» (Burgos), proba na que participou o noso atleta Xoel Franco, sendo quen de acadar unha meritoria terceira praza na categoría Sub 14 masculino. Noraboa polo resultado!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe este domingo 29 de outubro ás 18H. ao Grupo de Teatro A Moura do Centro Cultural A Merced de Chaín para poñer en escea “O vestido de noiva”, unha comedia de autoría propia apta para todos os públicos. Contarán coa presenza de Brezo Verea Nieto, xoven pianista que interpretará primeiramente “Opus 46 n⁰8 de Heller” e, a continuación, “1⁰ movimiento de la Sonate in G de Haydn”. Este acto benéfico, que conta coa colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e o C.C. A Merced de Chaín, é a favor da asociación Bicos…

Read More

O sábado 21 e domingo 22 de outubro terá lugar a  “X Festa da Conmemoración da Batalla de Rande”, na que Redondela festexa a lembranza da batalla de 1702 no estreito de Rande, que enfrontou á alianza entre España e Francia cunha alianza entre Holanda e Inglaterra. O evento contará coa participación de grupos pertencentes ao C.S.C.R. de Beade.

Read More

Comezamos a conta atrás para que chegue a época de maior troula do ano, isto quere dicir que volve a comparsa de Entroido! Se queredes formar parte desta gran familia e vivir unha experiencia única, xa podedes anotarvos na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade informa aos socios da dispoñibilidade da Lotaría de Nadal correspondente ao 2023. Este ano xogamos co número 76491, tendo como punto de venda a secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade en horario de 09:00H. a 15:00H. e de 17:00H. a 21:00H. Que a sorte nos acompañe!

Read More

O sábado 14 de outubro ás 19:00H. terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade o «XXXIII Outono Musical», un evento organizado pola Banda Escola de Música de Beade no que estarán presentes a Agrupación Musical de Goián e a Banda Escola de Música de Beade.

Read More

Desde a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade queremos expresar a nosa consternación e a nosa dor polo falecemento na madrugada do mércores de catro persoas, tres menores e unha adulta, no incendio no que resultaron feridas varias persoas. Acompañamos ás familias no seu sentimento.

Read More

O 7 de outubro tivo lugar a “XIII Carreira Pinga Pinga”, un evento deportivo no que participaron atletas pertencentes ao «Atletismo C.S.C.R. de Beade» acadando os seguintes resultados: Fernanda Mateo – 1ª Benxamín Cíes Rial – 2ª Benxamín Icía Ameneiro – 3ª Alevín Xoel Franco – 1° infantil Noraboa a todas e a todos!

Read More

O domingo 8 de outubro ás 18:00H. teremos no noso auditorio o “XIX Encontro Folclórico” organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais. Os grupos de Froles Novas e Helios de Bembrive estarán presentes nunha xornada que contará coa colaboración especial do Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega”, Grupo de gaitas “Arume”, Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” e o Grupo Folclórico de Danças e Cantares do Fial (Portugal).

Read More