Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade participa o domingo, 20 de agosto de 2023 no programa «En ruta coa Depo» da Deputación de Pontevedra para descubrir a Illa da Toxa, viaxar en barco pola Ría de Arousa e visitar O Grove. Esta iniciativa conta cun total de 20.000 prazas dirixidas a entidades sociais da provincia interesadas en realizar rutas de convivencia, ocio e tempo libre en 33 espazos emblemáticos de Pontevedra.
Meira prepárase para vivir as Festas de Samertolameu e Virxe do Carme 2023 durante o mes de agosto. Este ano contará coa participación da Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» e a Rondalla do C.S.C.R. de Beade, formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade. O 24 de agosto, a Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» realizará o pasacalle a partir das 10:00H. O 26 de agosto ás 20:00H., os abandeirados e rondalleiros da Rondalla do C.S.C.R. de Beade desfilarán polo recinto da festa desde A Ponte ata a de Rouco. O 27 de agosto…
O sábado 12 de agosto de 2023 terá lugar o «XXX Festival Folclore e II Festival Ibérico» en Alquerubim (Portugal). Nel participarán os nosos tres grupos folclóricos, sendo o Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega», Grupo de gaitas «Arume » e o Grupo de pandereteiras «A volta do Demo». Vos deixamos o programa ao completo: Grupo Folclórico Danças e Cantares do Fial – Alquerubim (A-A-Velha) Rancho Folclórico de Montargil – Montargil (Ponte de Sor) Grupo Folclórico Dr. Gonçalo Sampaio – Braga Grupo Folclórico Os Moliceiros de Ovar – Ovar Grupo de Baile Galego «Semente da Arte Galega» do…
Este ano contaremos con representación de grupos nas «Festas de San Lorenzo 2023» que se van a festexar do 9 ao 12 de agosto en Coruxo. O xoves 10 a partir das 12:00 h., a Banda de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» realizará o tradicional pasacalle. Vos deixamos o programa ao completo: Mércores 9 Orquesta Marbella Trío Tic-Tac Xoves 10 Pola mañá Misa ás 10:00 h. Ás 12:00 h. tradicional encontro das imaxes de San Lorenzo e San Salvador no Barrio de Tarrio Misa Solemne con Procesión Grupo de cornetas, gaitas e tambores «Ría de Vigo» Coro Rociero…
O Grupo de teatro «Tarantela» forma parte do cartaz da «XXV SETIC – SEmana de Teatro Intergeneracional en la Calle» que se celebrará do 4 ao 9 de agosto de 2023 en Villabalter (León). Será quen peche a programación coa obra «El milagro de Santa María Juana», comedia protagonizada por unhas monxas que ven como a chegada dunha novicia fará revitalizar as ventas dos productos da tenda do convento. Vos deixamos co cartaz ao completo: Viernes 4 de agosto ás 22:30 h. – Inauguración – «Pulveriza» de A Ninguna Parte Teatro (Villamuriel de Cerrato) Sábado 5 de agosto ás 22:30…
O domingo 6 de agosto terá lugar a «XXXII Festa do Monte» no Parque Forestal de Beade. A cita contará coa participación dos grupos folclóricos do C.S.C.R. de Beade, sendo o Grupo de pandereteiras «A volta do Demo», Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega» e Grupo de gaitas «Arume». Vos deixamos o programa ao completo: 11:15h. – Charanga «Va K Pinta» 12:00h. – Grupo de pandereteiras «A volta do Demo» 12:20h. – Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega» e Gaiteiros «Arume» 13:00h. – Banda Escola de Música de Beade 14:00h. – Charanga «Va K Pinta» De 11…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade pecha a temporada de clases de ioga tibetano cun evento aberto a todos os públicos. A cita terá lugar o 1 de agosto ás 10:30H. no auditorio, estando composto por unha sesión de relaxación con cuncos tibetanos na que calquera persoa que o desexe poderá acompañar ás alumnas de ioga que estiveron practicando a actividade durante o ano. Os prezos oscilan entre os 5€ para as/os socias/os e os 10€ para as/os non socias/os.* *As alumnas de ioga recibirán a clase de balde.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre o prazo de inscricións para anotarse ao viaxe á Illa de Ons que terá lugar o domingo 3 de setembro de 2023. Todas aquelas persoas interesadas en coñecer a Illa, deberán anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade antes do 25 de agosto. Os prezos van desde os 15€ para as/os socias/os ata os 20€ das/os non socias/os. Notas importantes: Saída desde Vigo. Imprescindible nome completo, data de nacemento e DNI á hora de realizar a inscrición.
Presentamos o Campamento de verán do ano 2023! As nenas e nenos explorarán con Pico e Cuda o mundo dos videoxogos desde a súa creación ata a actualidade, ademais de coñecer adaptacións cinematográficas que xurdiron a partir deles e bandas sonoras que marcaron as infancias de múltiples xeracións. Datos de interese: Apertura de inscricións: 5 de xuño Comezo do campamento: 22 de xuño Aula matinal: 8:30H. a 9:30H. e de 13:30H. a 14:30H. Idades: de 3 a 12 anos Folla de inscricións: xa dispoñible na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade
A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de inaugurar a exposición de fin de curso dos alumnos de pintura da temporada 2022/23. Impartido por José Miranda, os pupilos amosan unhas creacións onde predomina a natureza co paso das estacións e lugares simbólicos de Beade e Nova York. A exposición estará aberta ao público ata o mes de agosto en horario de 10:00H. a 22:00H.
