Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público «AGAIN», unha destacada mostra de arte centrada na pintura. O grupo de mulleres artistas NUMEN, unidas pola amizade e a súa paixón pola pintura, presenta o seu traballo artístico cun enfoque feminista. A través das súas obras, destacan a importancia de dar visibilidade ás voces e perspectivas das mulleres, resaltando cómo historicamente foron subestimadas pola sociedade dominada por un sistema de xénero. O título «AGAIN» suxire un renacemento artístico despois dun período de inactividade. É esencial mencionar que algunhas destas artistas son mulleres polifacéticas. Algunhas delas imparten…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación da “Cereixa de outono” correspondente ao mes de outubro, estando presentes a gastronomía, o folclore tradicional, a música de bandas e o teatro. A “XXV Festa dos callos e dos socios” abre a actividade achegando á parroquia un manxar propio da estación do ano na que nos atopamos e os concertos do Grupo de cordas clásicas do C.S.C.R. de Beade e Os Escaravellos. A cita terá lugar o domingo 8 de outubro a partir das 11:00H. Ese mesmo día, o Auditorio do C.S.C.R. de Beade acolle ás 18:00H. unha…
O 29 de setembro tivo lugar a “XXIV Milla Urbana San Miguel de Marín”, un evento deportivo no que participaron atletas pertencentes ao «Atletismo C.S.C.R. de Beade» acadando os seguintes resultados: Fernanda Mateo – 1ª Benxamín Cíes Rial – 2ª Benxamín Yoel Serantes – 2º Benxamín Xoel Franco – 1° Infantil Daniel Ameneiro – 1° Cadetes Aldara Fonseca – 1ª Sub 20 Parabéns a todas e a todos por participar!
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre o prazo de inscricións para a excursión programada para o 29 de outubro. Desta vez poñemos rumbo ás Termas de Outariz, que teñen un circuíto termal envolto na paisaxe da provincia. Ademais, os visitantes se achegarán á cidade de Ourense para percorrer a Praza Maior inclinada, a catedral e a Igrexa de Santa María Nai. Tralo xantar, incluído na viaxe, se visitará Celanova para ver o Monasterio de San Salvador e o oratorio mozárabe de San Miguel. Nela se observarán as casas blasonadas, a Praza Maior, a Praza do Millo e os seus…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta a tradicional “Festa dos callos e dos socios” nun ano no que acada a súa XXV edición. O evento, que se ven realizando dende 1996, está enmarcado dentro da programación cultural da “Cereixa de outono”. Trátase dun punto de encontro na cidade de Vigo no que se fomenta tanto o turismo, como a gastronomía e cultura da terra. Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar a partir das 11H. das racións de callos coa música do Grupo de cordas clásicas do C.S.C.R. de Beade e Os Escaravellos. Así mesmo, na xornada de tarde…
Xornada dobre para os atletas pertencentes ao «Atletismo C.S.C.R. de Beade», estando presentes na “VII Carreira Popular de Mondariz” e na “IX Carreira Carneiro Ó Espeto” (Moraña). Comezamos rememorando a “VII Carreira Popular de Mondariz”, proba disputada o 23 de setembro na que tiveron unha boa actuación e acadaron os seguintes resultados: Daniel Ameneiro – 1° Cadete Xoel Franco – 1° Infantil Daniel Currás – 2° Infantil Lena Riera – 3ª Alevín Ángel Rodríguez – 1° Alevín Fernanda Mateo – 1ª Benxamín María Costas – 3ª Benxamín Yoel Serantes – 2° Benxamín David Costas – 3° Benxamín Emma Pérez -…
O sábado 30 de setembro ás 19H. recibimos a visita da Agrupación Musical Atlántida de Matamá para dar a “Benvida ao outono”, actuación enmarcada dentro dos “Concertos de outono” do programa “Vigo, un Mar de Bandas”.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade é unha entidade financiada polas subvencións para a organización e difusión de actos sociais e encontros veciñais de fomento da participación cidadá. Vigo 2023 / Concello de Vigo
O 10 de setembro tivo lugar a «XXXVII Carreira Popular Concello de Meaño», un evento deportivo no que participaron atletas pertencentes ao «Atletismo C.S.C.R. de Beade» acadando os seguintes resultados: Cíes Rial – 1ª Benxamín Ángel Rodríguez – 1º Alevín Xoel Franco – 1º Infantil Parabéns a todas e a todos por participar!
O 16 de setembro se inaugura a programación do «Outono Teatral» que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais. O noso auditorio será quen acolla a estrea recibindo a Helios Teatro coa obra «Y a usted, ¿Qué le sucede?». Seguidamente, o Grupo de teatro «Tarantela» visita o 23 de setembro a SCD «Atlántida» de Matamá para poñer en escea «O milagre de Santa María Juana», espectáculo que ven de participar na «XXV SETIC» en Villabalter (León). Finalmente, o 22 de outubro volve o programa teatral ao auditorio do C.S.C.R. de Beade coa chegada da Compañía Rueiro para representar «Historias…
