Autor: avbeade

Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acontecido o sábado 29 de marzo, onde a equipa tivo representación en Vigo, Pontevedra e O Barco de Valdeorras. Coa Reconquista de fondo, un gran número de rapaces se achegaron ata o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos para participar no Xogade – Atletismo en Pista – Vigo 2025 – Programa A, tendo unha fantástica actividade formativa. Destacan as MMP de Antón Fuentes no Peso (2Kg) Homes AL Final; Aicha Vila nos 80m Mulleres Final; Xoana Silva nos 1.000m Mulleres Combinadas; Noa Martínez…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai acoller no seu auditorio a “Gala solidaria a favor de Vacacións en Paz”. Este acto de fin social, que terá lugar o domingo 6 de abril ás 18:00h, contará coas actuacións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Grupo de bachata do C.S.C.R. de Beade e Pasión Flamenca. Vos agardamos a todas e a todos!

Read More

 A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai recibir a visita da Banda Xuvenil de Beade e a Banda Escola de Música de Beade para poñer a banda sonora da floración estacional co “Concerto da cerdeira en flor”. O acto, enmarcado dentro do programa “Vigo, un mar de bandas”, terá lugar o sábado 5 de abril ás 18:00h. no Auditorio do C.S.C.R. de Beade.

Read More

Entrada a estación da primaveira, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade prosegue a súa programación cultural con actividades solidarias, concertos, moda e xogos intersociais. Os “XLVI Xogos Intersociais” poñen fin á temporada 2024/25 co “torneo relámpago”, tendo lugar o sábado 5 de abril nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. A cita, que dará comezo ás 16:00h, contará coa posterior entrega de premios amenizada polo Grupo de cordas clásicas do C.S.C.R. de Beade. Ese mesmo día, a Banda Xuvenil de Beade e a Banda Escola de Música de Beade porán a banda sonora da floración estacional co “Concerto da…

Read More

A nosa sección de petanca ven de disputar unha nova xornada de Liga correspondente á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. Tendo lugar o xoves 27 de marzo nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, o equipo enfrontouse ao San Xoán. A vindeira xornada xogarase o venres 4 de abril ás 20:00h. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade fronte a El Parque. Moita sorte, equipa!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ten preparada para o sábado 29 de marzo a “Festa cubana”. Os asistentes poderán bailar os ritmos do merengue e da salsa con entrada libre de 23:00h a 01:00h. Ademais, para aquelas persoas que queiran sacar o máximo proveito á velada, haberá unha masterclass de 22:00h a 23:00h cun profesor nativo (previa inscrición na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade). Vos agardamos a todas e a todos!

Read More

Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade. Nunhas xornadas onde a borrasca Martinho está a ter protagonismo, a equipa desprazouse ata o Concello de Ponte Caldelas para participar no Trofeo Gus Dacal de categorías menores. Tendo lugar o sábado 22 de marzo, destacan as MMP obtidas por Fernanda Mateo nos 1.000M Mulleres U10-12 Final; Nicolás Vázquez nos 1.000M Homes U16 Final 2/2; Candela Alonso no Peso (2KG) Mulleres AL Final; Camino Gil nos 150M Mulleres AL Final 1/3; Emma Pérez nos 1.000M Mulleres U10-12 Final; Noa Martínez nos 1.000M Mulleres U14 Final; Lucas Costas…

Read More

A nosa sección de petanca ven de disputar unha nova xornada de Liga correspondente á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. Tendo lugar o venres 21 de marzo nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, o equipo enfrontouse ao Bembrive. A vindeira xornada xogarase o xoves 27 de marzo ás 20:00h. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade fronte o San Xoán. Moita sorte, equipa!

Read More

A nosa sección de petanca ven de disputar novas xornadas de Liga correspondente á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. Tendo lugar o venres 7 e venres 14 de marzo nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, o equipo enfrontouse a O Torreiro e Outeiro respectivamente. A vindeira xornada terá lugar o venres 21 de marzo ás 20:00h. no Asador O Rancheiro para enfrontarse ao Bembrive. Moita sorte, equipa!

Read More

Ourense e Beade déixannos unha fin de semana chea de grandes novas para os atletas do C.S.C.R. Comezamos o resumo co acaecido no Campionato de España de Atletismo Sub16 Short Track 2025, tendo lugar na provincia veciña de Ourense e no que Xoel Franco proclamouse campión de España na carreira dos 1.000 m homes. Na súa semifinal, disputada o 15 de marzo, rematou en primeiro lugar cun tempo de 2:47.69, dándolle o pase á final que tivo lugar durante a mañá do domingo 16. A marca acadada polo atleta na proba decisiva foi de 2:34.47 Esa mesma mañá de domingo…

Read More