Autor: avbeade

Coa inminente chegada da primaveira, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a actividade cultural da “Cereixa en flor” cun mes de marzo cheo de festividades. O “Entroido” será o encargado de dar comezo á programación cunha festa e concurso de disfraces que estará dividido por categorías, sendo individual e colectiva. Ademais, a cativada poderá gozar dunha serie de talleres propiamente do Entroido. O acto, programado para o martes 4 de marzo ás 17:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, está organizado pola Asociación Xuvenil de Beade en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Seguidamente, o sábado…

Read More

Magníficas novas para os nosos atletas veteráns que participaron na VII Carreira Calvario 5+5. A proba, que forma parte do circuíto de carreiras populares RunRunVigo, tivo lugar o domingo 16 de febreiro, onde destacan os seguintes resultados: Marcos Fernández – 3º M-3 Manuel Pérez – 3º M-5 Parabéns a ambos, sodes un bo exemplo para os nosos atletas base!

Read More

Os nosos atletas tiveron unha fin de semana de actividade deportiva con epicentro na provincia de Ourense. Comezamos o resumo co acaecido no XXX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub18 en Pista Curta disputado o sábado 15 de febreiro. Esta proba deixounos as 3ªs posicións e, polo tanto, medallas de bronce, para Daniel Ameneiro nos 3.000m e Sabela Vázquez no peso (3kg). En canto á xornada do domingo 16 de febreiro, o XXIX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub20 en Pista Curta tamén nos achega boas novas coa 3ª posición de Uxía Franco no peso (4kg). Parabéns a…

Read More

A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Emociones en abstracto”, unha mostra de Carolina Avendaño que reflexa o seu eu máis íntimo, manifestando conversacións mantidas, momentos vividos, soños por cumplir, así como o seu amor pola natureza e o mar. Sobre a artista: Carolina Avendaño é unha artista plástica nada en Vigo que soubo fusionar a súa Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas e International Business, coa súa paixón pola arte. Durante dúas décadas traballou como directiva nunha empresa pertencente ao sector da alta costura, onde a súa carreira no só lle permitiu…

Read More

Intensa actividade para os nosos atletas nas diferentes competicións disputadas en Ordes, Ourense e A Pobra do Caramiñal. Comezamos o resumo co acaecido no IX Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Sub20 – Sub18, disputado o sábado 8 de febreiro en Ordes. Esta proba contou cunha representación de rapazas onde destaca Sabela Vázquez, que acadou a 3ª posición en disco e rematou en 4º lugar en martelo. Continuando coa fin de semana, ese mesmo día tivo lugar en Ourense o Control FGA, no que estiveron presentes varios atletas masculinos. En canto á xornada do domingo 9 de febreiro, o…

Read More

A programación especial do mes dos namorados vai poñer a guinda do pastel con “Amor, Diñeiro e Saúde”, a nova peza de Teatro A Cividade que está chea de humor intelixente e diversión sen límite. A función, que terá lugar o domingo 16 de febreiro ás 18:30h. no auditorio do C.S.C.R., está creada, dirixida e interpretada polo propio grupo.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta como gran novidade o “Baile de San Valentín”, evento amenizado polo Grupo Azabache. Disfruta con nós da cumbia, bachata, merengue e moito máis. Ven a soltar a cadeira e a pasar unha boa velada! Sábado 15 de febreiro a partir das 22:00H. e ata a 01:00H do domingo 16 de febreiro. Vos agardamos!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta a programación da “Cereixa de auga” do mes de febreiro de 2025, estando presentes o amor e o teatro. Comezando polo ámbito artístico, Carolina Avendaño nos amosará as súas creacións mediante a exposición “Emociones en Abstracto”, unha mostra que dará comezo o 11 de febreiro e rematará o 11 de marzo na Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade. Seguidamente, o “Baile de San Valentín” se convirte na gran novidade festiva, tendo lugar o sábado 15 de febreiro ás 22:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Amenizado polo Grupo Azabache, esta…

Read More

A Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” realizará a tradicional procesión do San Blas 2025 na parroquia veciña de Bembrive. Tendo lugar o luns 3 de febreiro ás 12:00H., a formación será a encargada de ofrecer a continuación un concerto. Vémonos todas e todos na festa que cura a gorxa!

Read More

A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade estivo presente no “14º Día de ACOPOVI”, evento organizado por ACOPOVI. Nunha tarde onde as condicións climatolóxicas non convidaron a saír da casa, a música coral resoou con forza no Teatro Afundación de Vigo. A Coral Polifónica Riomao, Coral Polifónica Allegro, Masa Coral do C.S.C.R. de Beade e o Coro de Cámara Rías Baixas foron as encargadas de deleitar aos espectadores nun acto no que se conmemorou o vixésimo aniversario de ACOPOVI e se outorgaron os premios ACOPOVI, recaendo en Preciosa Ucha e Yolanda Aguiar.

Read More