Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade prepárase para festexar o 17 de maio ás 19:00 h o “19º Festival do Día das Letras Galegas 2025”, evento enmarcado dentro do programa “Vigo, un mar de corais”. O acto, adicado á poesía lírica oral, ofrecerá os concertos da Coral Polifónica San Pelayo de Navia, Coral Polifónica Agarimo, Coral Polifónica da U.V.C.D. de Candeán, Coral Polifónica Val do Fragoso e Coral Polifónica do C.S.C.R. de Beade.
A nosa sección de petanca ven de disputar novas xornadas de Liga correspondentes á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. A primeira que imos mencionar tivo lugar o xoves 8 de maio na A.C.R.C. O’Torreiro de Priegue, onde o equipo enfrontouse a O Torreiro. Ao día seguinte, isto é, venres 9 de maio, a formación achegouse ata o Bar Laura (Zamáns) para xogar contra o Outeiro. A vindeira semana tamén se disputarán varias xornadas, facendo a primeira parada o luns 12 de maio ás 20:00h. no Asador O Rancheiro. O rival será o Bembrive.…
O sábado 10 de maio ímonos poñer de época para participar nunha nova edición da “Festa da Brincadeira”, en Bouzas. Nela estará a Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” para formar parte da representación que terá lugar ás 18:30H.
Semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade, que nos deixa uns excelentes resultados para continuar sumando experiencias. Comezamos o resumo co acontecido o xoves 1 de maio en O Pereiro de Aguiar, onde o equipo tivo representación na XLII Copa Deputación Ourense Atletismo – Final Sub10 – Sub12. Disputada na Pista “Josefina Salgado” do Complexo Deportivo de Monterrei, destacan as MMP de Mateo Laíño na Altura Homes U12M Final; Sara Rivas na Altura Mulleres U12F Final; Deva Pallás no Peso (2kg) Mulleres AL Final e Candela Alonso no Peso (2kg) Mulleres AL Final. Seguidamente, a xornada…
Dentro do “Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores”, ponse en marcha unha nova iniciativa “Bailes en Vigo”, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre nas fins de semana para as persoas maiores, que favorezan aínda máis a súa socialización e, ao mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de bailes sociais nas diferentes entidades e asociacións de todas as parroquias de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Información do baile: Actividade gratuita, de baile…
Dada a meteoroloxía prevista para a fin de semana, vémonos na obriga de mudar a data da viaxe ás Illas Cíes con guía incorporado. O domingo 1 de xuño imos coñecer de preto un dos lugares paradisíacos que temos na nosa contorna. Anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. PRAZAS LIMITADAS Máis información na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
A programación cultural da “Cereixa en flor” do mes de maio trae consigo baile e a celebración do Día das Letras Galegas. O sábado 10 de maio de 19:00 h a 22:00 h, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle nas súas instalacións os “Bailes en Vigo”, acto que forma parte do programa de Lecer para a Convivencia e o Benestar do Concello de Vigo. A actividade, destinada a persoas maiores de 65 anos, ten por finalidade favorecer a socialización, a vida saudable, previr a dependencia e reducir a soidade non desexada. Seguidamente, o sábado 17 de maio ás 19:00…
Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acontecido o sábado 26 de abril en O Pereiro de Aguiar, onde o equipo tivo representación na II Ourense Series Provinciais de Atletismo – Ourense Xornada 4. Disputada na Pista “Josefina Salgado” do Complexo Deportivo de Monterrei, destacan as MMP nos 1.000m Homes Final obtidas por Nicolás Vázquez; Mateo Domínguez e Pedro Acuña. En canto á xornada do domingo 27 de abril, os atletas se achegaron ata Pontevedra para participar no Xogade – Atletismo en Pista – Pontevedra/Vigo 2025 – Programa AB Infantil.…
A nosa sección de petanca ven de disputar unha nova xornada de Liga correspondente á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. Tendo lugar o venres 25 de abril no Helipuerto de Cangas, a equipa enfrontouse ao Cangas B. A vindeira xornada xogarase o venres 2 de maio ás 20:00h. na A.C.R.C. O’Torreiro de Priegue fronte a O Torreiro. Moita sorte, equipa!
Chega unha nova edición de «Beade en Pasarela», o desfile de moda organizado pola Asociación Xuvenil de Beade en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Tendo lugar o sábado 26 de abril ás 18:00H no auditorio do Centro Cultural de Beade, máis de cen modelos amateurs con idades comprendidas entre os 6 meses e 74 anos desfilarán para 13 casas comerciais. Ademais, o evento contará coa presenza de dúas perruquerías, unha floristería e fotógrafos, así como tamén espectáculos escénicos e musicais.
