Autor: avbeade

O noso atleta XOEL FRANCO ven de proclamarse CAMPIÓN DE ESPAÑA na carreira dos 1.000 m homes do Campionato de España de Atletismo Sub16 Short Track 2025 celebrado durante a fin de semana do 15 e 16 de marzo en Ourense. Na semifinal 1/3, disputada o sábado 15, rematou en primeiro lugar cun tempo de 2:47.69, dándolle o pase á final que tivo lugar durante a mañá do domingo 16. A marca acadada polo atleta na final foi de 2:34.47 Parabéns Xoel!

Read More

A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Miradas”, unha mostra de UMA onde están presentes retratos a bolígrafo en madeira e acrílicos en lienzo madeira. Sobre a artista: Pintora española nada en Vigo con residencia en Gondomar. Retratista autodidacta, que na súa traxectoria de algo máis de unha década desenvolveu unha profusa obra, sendo na súa maoría con orixe en encargos privados, co emprego de diferentes técnicas, sempre na permanente búsqueda do máximo realismo. Participou en diferentes exposicións de ámbito nacional (Córdoba, Ourense, Pontevedra) e internacional (na galería The Muisca, en París, e na…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle este domingo 16 de marzo ás 18:00h. o “XXI Encontro Folclórico”. O evento, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, contará coa participación de Arume, A volta do Demo, Andarela e Os Ventos de Comesaña. Vémonos todas e todos no noso auditorio!

Read More

Primeira representación do ano para “Alvariño Concueiro”, obra coa que o Grupo de teatro Tarantela está a celebrar o seu 25 aniversario enriba das táboas. O público da A.V.C.D. “Monte da Mina” de Castrelos será quen de observar as situacións tan peculiares ás que se ven sometidos uns pacientes nunha sala de espera. A función, que terá lugar o sábado 15 de marzo ás 19:00 h., está enmarcada dentro da celebración do Día Internacional da Muller. Vémonos todas e todos!

Read More

Fin de semana de grandes novas para os nosos atletas que se desprazaron ata Ourense. Comezamos o resumo co acaecido durante a xornada do sábado 8 de marzo, tendo lugar o XX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub12 – XXV Sub10 en Pista Curta. Destaca o nome de Fernanda Mateo, que ven de proclaramarse campioa galega nos 500 m. Mulleres Sub-12 e subcampioa na Lonxitude Mulleres Sub-12 con MMP en ambas probas. Así mesmo, son reseñables as actuacións de Antón Fuentes nos 1.000 m. e na altura, Alejandro González nos 1.000 m., Darío Fernández no peso, Allie Cellerino nos…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle nas súas instalacións a mostra fotográfica “Sorrisos Herdados”, do CEIP Coutada-Beade e Bea Durán. Sobre a expo: As avoas foron sempre unha parte esencial das nosas vidas, non só pola súa sabedoría, senón polo amor e protección que brindan. O seu vínculo coas netas e os netos é un lazo que transcende xeracións, un espazo de coidado e transmisión de valores. Nesta exposición fotográfica do CEIP Coutada-Beade, o escenario das motos Vespa simboliza o paso do tempo e o desexo de avanzar, coas avoas como compañeiras que, a pesar dos anos, seguen a…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade conmemora o sábado 8 de marzo o “Día Internacional da Muller”. O acto, que dará comezo ás 18:30H. no Auditorio do C.S.C.R. de Beade, contará cun concerto de corais no que estarán presentes a  Coral Polifónica de Arbo, a A.C. Coro Samertolameu, a Coral Ars Cantorum de Guillade e a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade. Ao finalizar se convidará a un chocolate a todas as mulleres presentes durante a celebración do festival.

Read More

A nosa sección de petanca ven de disputar unha nova xornada de Liga correspondente á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. Tendo lugar o venres 28 de febreiro nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, o equipo enfrontouse ao Cangas B. A vindeira xornada terá lugar o venres 7 de marzo ás 20:00h. nas Pistas da A.C.R.C. O’Torreiro fronte a O Torreiro.

Read More

A Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a “Festa do Entroido”. A cita, que terá lugar o martes 4 de marzo ás 17:00H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, contará cun concurso de disfraces (categorías individual e colectiva) e talleres para a cativada.

Read More

Fin de semana de grandes novas para os nosos atletas que se desprazaron ata Ourense. O XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub16 en Pista Curta celebrado o sábado 22 de febreiro deixanos o récord galego indoor realizado por Xoel Franco, logrando na proba dos 1.000 m. unha marca de 2:33.02. Este fito representa un novo tope autonómico Sub16, superando o 2:33.45 que marcara o propio Xoel anteriormente. Ademáis, se sitúa ao fronte do ranking de España e se coloca coa 3ª Mellor Marca Española U16 da historia en PC. Así mesmo, son reseñables as actuacións de Breixo Silva…

Read More