Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Grandes novas que nos chegan dende a capital galega para os atletas do C.S.C.R. de Beade. A competición deportiva da fin de semana lévanos ata Santiago de Compostela, onde o sábado 19 de abril tivo lugar nas pistas da USC o I Control FGA Aire Libre 2025. Comezamos o resumo mencionado a MMP de Xoel Franco que, tras parar o crono en 1:24.16, permítelle acadar a mínima para o campionato nacional na proba dos 600m. Así mesmo, a xornada déixanos as MMP de Rubén Vázquez nos 600m Homes Final; Yonas Pousa nos 600m Homes Final; Olivia Smyth nos 600m Mulleres…
Xoel Franco, atleta do C.S.C.R. de Beade, ven de acadar marca mínima para o campionato nacional na proba dos 600m. Este feito tivo lugar o sábado 19 de abril en Santiago de Compostela durante a celebración do I Control FGA Aire Libre 2025. A marca rexistrada foi de 1:24.16 Moitos parabéns! Crónica deportiva completa o luns 21 de abril ás 21H. nas nosas canles de comunicación. Fotografía: Fito Fernández
Boas novas para os atletas do C.S.C.R. de Beade, que tiveron competición en Pontevedra, Vigo, Cervo e Vila Nova de Cerveira. Comezamos o resumo co acontecido entre semana na cidade do Lérez. Tendo lugar o mércores 9 de abril no CGTD, o II Control Escola de Atletismo SGP – I Xornada Froiz nos deixa as MMP de Alfonso Molinos nos 500m Homes U14M Final; Martín Alonso nos 500m Homes U10M Final; Ángel Rodríguez nos 2.000m Homes Final; Sara Rosales nos 1.000m Mulleres U10F Final; Mía Lago nos 1.000m Mulleres U12F Final; Xulia Vázquez nos 1.000m Mulleres U12F Final; Noa Lago…
O Grupo de gaitas “Arume” e o Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” participaron na “Procesión da Borriquita” da Semana Santa de Vigo que transcorreu polas rúas céntricas da cidade durante a mañá do 13 de abril de 2025.
A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participou o sábado 12 de abril no “18º Festival Coral de Música Sacra”. O evento, que tivo lugar na Igrexa dos Padres Capuchinos, foi adicado na memoria de Xulio Mosquera e Vicente Rodríguez.
Primeira.- Obxecto A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade convoca o concurso de carteis da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa”, tendo como bases as que se detallan a continuación: Poderán participar neste concurso todos os xóvenes entre 8 e 16 anos que pertenzan á parroquia ou colexios e Instituto de Beade, así como os que non sendo dela, son socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Trátase coma tema debuxar un cartel da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa” coa temática de dita froita. En cada traballo será obrigatorio poñer o título da festividade “XXXVIII Feira…
A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participará o sábado 12 de abril no “18º Festival Coral de Música Sacra”. A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica María Madre del Buen Pastor. O evento, enmarcado dentro da programación “Vigo, un mar de corais”, dará comezo ás 20:30 h na Igrexa dos Padres Capuchinos.
Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade. Comezamos o resumo co acontecido o sábado 5 de abril, onde a equipa tivo representación en Vigo e Pontevedra. Un bo número de rapazas e rapaces se achegaron ata o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos para participar no Xogade – Atletismo en Pista – Vigo 2025 – Programa B, tendo unha gran xornada de actividade formativa. Destacan as MMP de Yoel Serantes na Pelota (300G) Homes Final; Laia Gesto nos 2.000m Marcha Mulleres Final; Fernanda Mateo na Altura Mulleres Final; Noa Lago na Altura Mulleres Final…
A nosa sección de petanca ven de disputar unha nova xornada de Liga correspondente á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C. Tendo lugar o venres 4 de abril nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a equipa enfrontouse a El Parque. A vindeira xornada xogarase o venres 25 de abril ás 20:00h. no Helipuerto de Cangas fronte ao Cangas B. Moita sorte, equipa!
Beade prepárase para vivir un dos acontecementos do ano na parroquia coa “Carreira da Cereixa”, conmemorando así a súa XII edición. A proba, integrada dentro do circuíto de carreiras populares “RunRunVigo” do Concello de Vigo, ten prevista a súa celebración o domingo 25 de maio. As e os atletas das categorías F-1 e M-1 a F-5 a M-5 percorrerán a partir das 10:30 h as rúas de Beade coas cerdeiras cheas de cereixas. Unha hora máis tarde está previsto que o fagan as categorías inferiores, integrando dende xuvenís ata pitufos. A organización aspira a bater o record de inscritos establecido…
