Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade pon o punto e final ao 2024 cunha foliada aberta de fin de ano. O Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” e Os Escaravellos serán os encargados de achegar a música tradicional ás instalacións do C.S.C.R. de Beade o vindeiro martes 31 de decembro ás 12:00H.
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VII Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. A nosa formación será unha das quince rondallas que compitan o sábado 18 de xaneiro ás 17H. no IFEVI, recinto que agarda acoller preto de 1.200 rondalleiros. Ademais, o evento será gravado para o filme “Rondallas”, dirixido polo cineasta Daniel Sánchez Arévalo. As entradas, cun custe de 3€ por unidade, estarán á venda proximamente.
A Rondalla do C.S.C.R. participará no “XXXIV Certame de Rondallas do CVC de Valladares” que organiza o CVC de Valladares. A nosa formación formará parte dun cartaz composto pola rondalla anfitrioa, a Rondalla Peña Freixo, Rondalla do C.C.R. de Vincios, Rondalla da A.F. Airiños da Lagoa e Rondalla Santa María do Porriño. Vémonos todos e todas o sábado 4 de xaneiro ás 16H. no Campo de Fútbol de A Gándara.
O equipo directivo da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vos desexa unhas boas festas e feliz 2025. Que todos os vosos soños sexan cumpridos no ano que está a piques de comezar.
O Auditorio do C.S.C.R. de Beade acolle o tradicional «Concerto de Nadal» que organiza a Banda Escola de Música de Beade. O acto, que terá lugar o sábado 21 de decembro ás 19H., será quen de despedir o ano 2024 mediante un repertorio cargado de maxia e ilusión.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe nas súas instalacións a “Visita de Papá Noel”. O evento, que terá lugar o domingo 22 de decembro, ás 17:00H., conta coa organización da Asociación Xuvenil de Beade baixo a colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, tendo preparado multiples actividades coa temática do Nadal para a cativada, entre os que están os contacontos, pintacaras, obradoiros, manualidades… Ademais, haberá á venda chocolate con churros, postres caseiros, refrescos… Vinde a vivir unha xornada máxica en familia, sen esquecer as vosas cartas para que os desexos se fagan realidade!
Os nosos atletas participaron no Provincial Xogade 2024/2025 celebrado durante a xornada do 14 de decembro na nosa cidade, destacando os seguintes resultados: Cadete Masculino – Campións Provinciais Infantil Feminino – Campioas Provinciais Alevín Feminino – Campioas Provinciais Xoel Franco – Campión Provincial [Cadete M] Ángel Rodríguez – Subcampión Provincial [Infantil M] Cadete Feminino – Bronce Provincial Benxamín Feminino – Bronce Provincial Antón Fuentes – Bronce Provincial [Alevín M] Cíes Rial – Bronce Provincial [Alevín F] Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Presentamos o campamento de Nadal do ano 2024/25! Pico e Cuda están desexando volver a ver ás nenas e nenos para realizar actividades relacionadas coa época na que nos atopamos. DATOS DE INTERESE: Apertura de inscricións: luns 16 de decembro Duración do campamento: do 23 de decembro ao 7 de xaneiro Aula matinal: 8:30H a 14:30H Horario: 9:30H a 13:30H Idades: 3 a 12 anos Máis información na secretaría da AVCU – CSCR de Beade. Grazas por confiar outro ano en nós para vivir o Nadal!
Os nosos atletas participaron no Cross de San Miguel de Oia celebrado o 8 de decembro na nosa cidade, destacando os seguintes resultados: Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Cíes Rial – 1ª Benxamín Feminina Allie Cellerino – 1ª Prebenxamín Feminina Carla Guisande – 2ª Absoluta Feminina Xoel Franco – 2º Cadete Masculino Fernanda Mateo – 2ª Alevín Feminina Alejandro Mera – 3º Xuvenil Masculino Irene Burgos – 3ª Infantil Feminina Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade celebra este domingo 15 de decembro ás 18:00H. o seu tradicional “Festival de corais”. O evento contará coa presenza da Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica do Colexio da Avogacía de Vigo e a Coral Polifónica Alborada da A.V.C.D. de Cabral.
