Autor: avbeade

O noso atleta Xoel Franco ven de proclamarse campión de España na carreira individual no Campionato de España Campo a Través Individual e Federacións 2025 disputado durante a mañá do sábado 25 de xaneiro en El Cerro de los Ángeles de Getafe (Madrid). No ámbito colectivo, Galicia acadou a 4ª posición, estando a soamente 2 puntos de entrar no terceiro chanzo.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a iniciativa da repoboación de cerdeiras na parroquia co obxectivo de seguir mantendo viva a tradición pola que é coñecida. Todas aquelas persoas interesadas en adquirir a árbore froiteira poderán reservar a súa unidade na secretaría da Asociación de Veciños. Colabora Monte Veciñal en Mancomún de Beade. Importante: distribución e venta baixo reserva.

Read More

O martes 21 de xaneiro tivo lugar no auditorio municipal do Concello a “Gala Run Run Vigo”, acto no que se outorgaron diferentes galardóns. Entre os premiados se atopan atletas do C.S.C.R. de Beade que gañaron, a lo menos, unha das carreiras do circuíto Mini Cros Vigo 2024, sendo: Daniel Ameneiro (xuvenil masculina); Xoel Franco(cadete masculina); Lucas Costas (infantil masculina); Lena Riera (alevín feminina); Ángel Rodríguez (alevín masculina); Cíes Rial (benxamín feminina); Julia Cotovad (xuvenil feminina); Aicha Vila (infantil feminina); Candela Alonso (alevín feminina); Icía Ameneiro (infantil feminina); Rubén Vázquez (infantil masculina) e Mauro García (prebenxamín masculina). Ademais, dende o…

Read More

A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade estará presente no “14º Día de ACOPOVI”, evento organizado por ACOPOVI que terá lugar o domingo 26 de xaneiro ás 18:00h. no Teatro Afundación de Vigo. A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica Riomao, Coral Polifónica Allegro e o Coro de Cámara Rías Baixas. Ademais, durante o transcurso do acto se realizará a entrega do Premio ACOPOVI 2025 a unha vida entregada ao mundo coral e o Premio ACOPOVI 2025 ao apoio ás corais de Vigo.

Read More

Intensa actividade para os nosos atletas nas diferentes competicións disputadas en Vigo, Ourense e A Pobra do Caramiñal. Comezamos o resumo co acaecido no Control A.V.A. de Pista Cubierta 2025, disputado o venres 17 de xaneiro no IFEVI. Esta proba contou cunha ampla representación de rapazas e rapaces. Continuando coa fin de semana, o Control FGA que tivo lugar o 18 de xaneiro en Ourense deixounos o récord galego de 1.000m en pista cuberta establecido por Xoel Franco, cunha marca de 2:33.45 En canto á xornada do domingo 19 de xaneiro, o Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través…

Read More

Comeza a conta atrás para que chegue a época de maior troula do ano e con ela volve a comparsa de Entroido! Se queres vivir unha experiencia única e formar parte dunha gran familia, este é o teu lugar. Inscricións na oficina da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade!

Read More

A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Paisaxes recortadas”, unha mostra de Jose Miranda que fai viaxar ao espectador por terras galegas. Coñecendo ao artista: Jose Miranda O seu interese pola arte remóntase á crianza, coleccionando todo tipo de ilustracións e realizando pequenas obras e deseños con obxectos atopados. Jose Miranda, debuxa, pinta, recorta, pega, ironiza, reinterpreta e fai homenaxe a todos aqueles seres e lembranzan que poboan a súa memoria. O seu imaxinario responde nun comezo á iconografía popular dos anos 80 e 90, e que trata de recuperar nun intento melancólico,…

Read More

Boas xornadas para os nosos atletas, que veñen de acadar uns magníficos resultados nas competicións disputadas durante a segunda fin de semana do ano. Comezando o resumo co acaecido o sábado 11 de xaneiro, o protagonismo foi para o “Campionato Galego de Cros Xogade 2025” disputado en Poio, onde cómpre mencionar as actuacións do equipo cadete masculino (1ºs na clasificación por equipos); equipo alevín feminina (1ªs na clasificación por equipos); Xoel Franco (1º na clasificación xeral de cadete masculino); equipo infantil feminina (3ªs na clasificación por equipos) e Ángel Rodríguez (3º na clasificación xeral de infantil masculino). Ese mesmo día…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ten programado para o domingo 19 de xaneiro ás 18:00H no seu auditorio o “Festival de danza”. No acto estarán presentes o Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Grupo de bachata do C.S.C.R. de Beade, Escuela de Baile Pasos Bailegalicia e Media Punta, integrados todos eles por bailaríns de todas as idades.

Read More

Convócase a todos os socios desta Asociación á Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar no Auditorio do C.S.C.R. o vindeiro día 23 de febreiro do 2025, con primeira convocatoria ás 11:00H. e 11:30H. en segunda. Toda a información relativa á convocatoria está na imaxe da publicación.

Read More