Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público a “Exposición colectiva do Nadal”, protagonizada polos artistas: Antonio Abalde; Antonio Feijóo; Blauman; Carolina Avendaño; Diana Cordero; Gonzalo Sellés; Jack Andriano; Jose Miranda; Menchu Abril; Rafael Ambel; Roberto Paredes; Rosa Isabel, Tania Ulloa e Uma. A mostra, que durará ata o 31 de decembro, presenta diferentes técnicas pictóricas que poderán ser visualizadas de luns a domingo en horario de de 10H a 21H.
Nova función de “Alvariño Concueiro”, comedia coa que o Grupo de teatro Tarantela está a celebrar o seu 25 aniversario enriba das táboas. A obra, de autoría propia, será representada o sábado 7 de decembro ás 18:30 h na A.V.C.D. “O Carballo” de Sárdoma. Sinopse: Nun hospital un pouco peculiar, as colas amontónanse de maneira singular. Queres vir votar unhas risas coas situacións arrevesadas dos nosos pacientes? Esperámoste nas colas do Alvariño Concueiro!
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a programación cultural da «Cereixa de auga» con actividades asociadas á época do Nadal. O derradeiro mes do ano será inaugurado pola “Exposición colectiva do Nadal”, mostra que durará ata o 31 de decembro estando protagonizada polos artistas: Antonio Abalde; Antonio Feijóo; Blauman; Carolina Avendaño; Diana Cordero; Gonzalo Sellés; Jack Andriano; Jose Miranda; Menchu Abril; Rafael Ambel; Roberto Paredes; Rosa Isabel, Tania Ulloa e Uma. O enfoque musical virá da man do “Festival de corais”, un acto no que intervendrán a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica do Colexio da…
Os nosos atletas participaron no 45º Memorial Belarmino Alonso e Zonal Xogade celebrados a pasada fin de semana na nosa cidade, destacando os seguintes resultados: Equipo Cadete Masculino – 1º clasificado Equipo Infantil Feminino – 1º clasificado Equipo Alevín Feminino – 1º clasificado Equipo Benxamín Feminino – 1º clasificado Xoel Franco – 1º Cadete Masculino Irene Burgos – 2ª Infantil Feminino Fernanda Mateo – 2ª Alevín Feminino Allie Cellerino – 2ª Benxamín Feminino Antón Fuentes – 3º Alevín Masculino Camino Gil – 4ª Infantil Feminino Ángel Rodríguez – 4º Infantil Masculino Cíes Rial – 4ª Alevín Feminino Parabéns a todas/os as/os atletas que…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inaugura a tempada rondalleira cunha nova edición do “Encontro de Rondallas en Beade”. O evento, que celebra o seu terceiro ano de vida, está programado para o sábado 30 de novembro a partir das 16:00H., momento no que as rondallas participantes (Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do CVC de Valladares e a Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive) realizarán un pasacalle pola parroquia cos seguintes percorridos: Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende Farmacia Tojo ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade. Rondalla do C.C.A.R. Valladares: dende Materiales de Construcción Fernando…
Apoia ao deporte vigués e gaña unha MITT RT Super 125. O sorteo realizarase o día 12 de xaneiro de 2025 durante o descanso do partido FEMXA CELTA UVIGO – VASCO SHIPPING SEIS DO NADAL da 1ª división en presenza de representantes de HYUPERSA VIGO, VIDE e demais público. Rifas dispoñibles na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Bases recollidas en www.vide.es – Fundación VIDE
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle o sábado 23 de novembro ás 19:00H. no seu auditorio o «Concerto de Santa Icía» que organiza a Banda Escola de Música de Beade. A Banda Infantil de Beade, a Banda Xuvenil de Beade e a Banda Escola de Música de Beade serán os encargados de homenaxear á patroa da música.
Chega o tradicional “Acendido da árbore de Nadal”, un evento moi especial que quere reunir á veciñanza para dar lugar a unha xornada chea de ilusión, maxia e unión que tanto caracterizan a estas datas. Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vos convidamos a participar na decoración da nosa árbore. Para elo podedes doar bolas de cor dourada, prata ou vermella (personalizadas co voso nome), ou mediante a creación de postais en tamaño A5 (A4 dobrado á metade). FESTA DO ALUMEADO Vos agardamos a todas e a todos nas nosas instalacións o domingo 24 de novembro a partir das…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe no seu auditorio ao Grupo de Teatro Rueiro de Coia para poñer en escea “Profesión Precaria”. O acto, que terá lugar o domingo 10 de novembro ás 19:30H., forma parte da programación do “Outono Teatral” da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.
Os nosos atletas se desprazaron o pasado fin de semana ata o Parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para participar no Cross Ponte Romana. A segunda parte da publicación estará adicada a rememorar os resultados da segunda xornada, disputada o domingo 3 de novembro, sendo os seguintes: Ángel Rodríguez – 1º SUB12 Masculino. Xoel Franco – 2º SUB16 Masculino. Lucas Costas – 2º SUB14 Masculino. Cíes Rial – 2ª SUB10 Femenino. María Costas – 5ª SUB10 Femenino. Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
