Subscribe to Updates
Get the latest creative news from FooBar about art, design and business.
Autor: avbeade
Os nosos atletas se desprazaron o pasado fin de semana ata o Parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para participar no Cross Ponte Romana. A primeira parte da publicación estará adicada a rememorar os resultados da primeira xornada, disputada o sábado 2 de novembro, sendo os seguintes: Beade SUB14 MIXTO – 3ºs Lucas, Irene, Nico e Camino. Beade «A» SUB12 MIXTO – 3ºs Antón, Fernanda, Ángel e Deva. Beade «B» SUB12 MIXTO – 7ºs Mateo, Xoana, Yoel e Xulia. Beade «C» SUB12 MIXTO – 8ºs Adrián, Cíes, David e María. Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron.…
O sábado 9 de novembro imos celebrar o “Magosto” nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. A festividade, que dará comezo ás 19H., contará coas tradicionais castañas, sendo de balde e ata fin de existencias. Os asistentes tamén poderán degustar outros productos gastronómicos a prezos populares. En canto á música, programada a partir das 19:30H., virá da man do Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade e do Grupo de folk “Tarxa” da A.V.C.D. Monte da Mina. Vémonos todas e todos!
A Asociación Xuvenil de Beade impulsa, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, «Un Beade de Medo», unha actividade que terá lugar o sábado 2 de novembro nas instalacións do Centro Cultural. Entre as 18:00H e as 20:00H haberá para a cativada unha festa e talleres de Samaín. Dende as 20:00H e ata as 23:30H a xente moza e adulta poderá disfrutar do túnel do terror e tamén da festa. Importante para o túnel do terror: Anotarse chamando ao 986210967 ou na oficina do Centro Cultural de Beade. En base aos inscritos se realizarán grupos duns 10 compoñentes. Se…
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade prosegue a temporada cultural da “Cereixa de outono” con arte, samaín, magosto, teatro, música de bandas e rondallas. Dende o 2 de novembro ata o 28 do mesmo mes a Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade acollerá “Expresión Gráfica”, unha mostra do artista mexicano Jack Andriano. Seguidamente será a quenda de “Un Beade de medo”, unha proposta impulsada pola Asociación Xuvenil de Beade, en colaboración da A.V.C.U. – .C.S.C.R. de Beade, que fará as ledicias dos pequenos e xuventude o 2 de novembro nas instalacións da asociación mediante un Samaín infantil composto por…
A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Expresión Gráfica”, de Jack Andriano. Jack Andriano é un artista de arte mixto nado na cidade de México, que creceu nos Anxos de California, onde desenvolveu o seu talento coma artista no College of the Canyons e Cal Arts, levando o seu talento a Galicia, onde reside agora. A mestura de cores e diferentes medios sobre o lienzo varía o seu estilo de traballo pasando de abstractos a retratos dende óleo a acrílico, acuarela ou calquera outro medio. É coñecido polas súas obras de arte provocadoras e…
A segunda función de “Alvariño Concueiro” terá lugar o domingo 3 de novembro ás 19:30 h no C.C.R. de Cabral. Estando enmarcada no programa cultural “Outono Teatral”, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, os espectadores serán quen de ver as historias dun grupo de pacientes que forman cola na sala de espera dun hospital. Non faltedes á cita, vémonos todas e todos!
Os nosos atletas se desprazaron o domingo 27 de outubro ata Atapuerca para participar no XX Cross Internacional de Atapuerca. Nunha xornada de moito frío e choiva, destacan os seguintes resultados: Xoel Franco – 3º Sub 16 Masculino Ángel Rodríguez – 5º Sub 12 Masculino Lucas Costas – 11º Sub 14 Masculino Mateo Domínguez – 33º Sub 14 Masculino Irene Burgos – 56ª Sub 14 Feminino Rubén Vázquez – 57º Sub 14 Masculino Camino Gil – 61ª Sub 14 Feminino Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Os nosos atletas se desprazaron o domingo 27 de outubro ata a capital galega para participar na 45 Carreira Pedestre Popular de Santiago, destacando o seguinte resultado: Deva Pallás – 3ª Sub12 Feminina Parabéns polo resultado. Que continúe a aprendizaxe!
Os nosos atletas participaron o domingo 20 de outubro na XI Carrera Vigo Contra el Cáncer, acadando os seguintes resultados: Marcos Fernández – 2º M-3 Manuel Pérez – 3º M-5 Parabéns a ambos, sodes un bo exemplo para os nosos atletas base!
O Grupo de teatro Tarantela estrea súa nova comedia titulada “Alvariño Concueiro”. Sinopse: Nun hospital un pouco peculiar, as colas amontónanse de maneira singular. Queres vir votar unhas risas coas situacións arrevesadas dos nosos pacientes? Esperámoste nas colas do Alvariño Concueiro! Datos de interese: Data: Domingo 27 de outubro Hora: 19:00 h Lugar: Auditorio do C.S.C.R. de Beade
