Autor: avbeade

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no tradicional “Certame de Rondallas do Porriño”. A nosa formación será unha das 16 rondallas que participen este 12 de xaneiro no acto organizado polo Concello do Porriño que pon fin ao Nadal da vila. Se o tempo o permite, se realizará primeiramente un pasacalle a partir das 17:00H., dando paso ás 17:30H. ao acto central no Pavillón Municipal, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Read More

Durante a mañá do mércores 8 de xaneiro tivo lugar no Concello de Vigo a presentación do “VI Certame de Rondallas de Vigo”. No evento participarán as cinco formacións da cidade, entre elas a Rondalla do C.S.C.R. de Beade. A cita será o sábado 11 de xaneiro do 2025 ás 18H. no Pavillón de As Travesas, con entrada de balde ata completar aforo.

Read More

Intensa fin de semana dos nosos atletas para comezar o ano 2025. Centrándose a actividade deportiva na provincia de Ourense, comezamos o resumo co acaecido no “VI Trofeo + Deporte La Región en Pista Curta” e o Control FGA, tendo lugar o 3 e o 4 de xaneiro, probas nas que se acadaron varias MMP por parte dos integrantes do equipo. Respecto ao “Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Absoluto – Sub23 – Sub20 – Sub18 – Sub16 – Individual e Clubs 2025”, celebrado o 4 de xaneiro en A Rúa, destaca a actuación de Xoel Franco, que…

Read More

A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “XLII Certame de Rondallas de Reis”. Tras adiarse anteriormente por mor da climatoloxía, a actuación da Rondalla do C.S.C.R. de Beade terá lugar o domingo 12 de xaneiro ás 13:05H. No evento organizado polo Concello de Gondomar estarán presentes 18 rondallas, sendo a nosa formación unha delas.

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recibe a máxica visita dos Reis Magos de Oriente o venres 3 de xaneiro. Organizado pola Asociación Xuvenil de Beade en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, ás 16:00H sairá do Centro Cultural de Beade a cabalgata coas Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, acompañados de seus respectivos paxes. O percorrido da cabalgata será: Centro Cultural de Beade / Estrada da Coutada / Camiño Facho / Rúa Pouleira / Rúa do Couto / Rúa Lagoa / Camiño da Brea / Camiño das Relfas / Rúa Saa / Rúa do Seixo / Parada…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta a programación da “Cereixa de auga” do mes de xaneiro de 2025, na que destaca a chegada dos Reis Magos, o “Concerto de aninovo” da Orquestra Kv2211 e o Festival de danza que reunirá preto de 200 bailaríns de todas as idades. O 2025 será inaugurado coa chegada dos “Reis Magos” a Beade o venres 3 de xaneiro. Comezarán realizando un percorrido pola parroquia ás 16:00H., onde visitarán os 8 barrios que a compoñen para achegar a ilusión a cativos e maiores. Unha vez finalizado o treito serán recibidos na A.V.C.U. – C.S.C.R.…

Read More

Os nosos atletas se desprazaron o pasado sábado 28 de decembro ata o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra) para participar no II Trofeo José Luis Torrado. Festa HQR! Rías Baixas, destacando as seguintes MMP: Lucas Costas na Lonxitude Homes Final con 4.48 Olivia Smyth na Lonxitude Mulleres Final con 4.32 Camino Gil na Lonxitude Mulleres Final con 4.17 Lara Pérez na Lonxitude Mulleres Final con 4.01 Paula Alonso na Lonxitude Mulleres Final con 3.73 Irene Burgos na Lonxitude Mulleres Final con 3.69 Icía Ameneiro na Lonxitude Mulleres Final con 3.54 Sabela Vázquez no Peso (3kg) Mulleres AL Final con…

Read More

Unha delegación de atletas se desprazaron o sábado 28 de decembro ata Expourense para participar no Control FGA PC. Entre os resultados acadados destaca o primeiro posto de Xoel Franco na final dos 1.000m Homes PC, logrando unha MMP de 2:34.55 e récord galego na categorías Sub16. Daniel Currás e Carla Guisande tamén representaron ao clube durante a xornada da tarde. Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

Read More