Autor: avbeade

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade prosegue a temporada cultural da “Cereixa de outono” con arte, música e teatro. Dende o 1 de outubro ata o 31 do mesmo mes a Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade acollerá “Mirada libre”, unha mostra de José Miranda e Rosa Isabel coa que queren transmitir aos visitantes paisaxes con dúas miradas diferentes. A «XXVI Festa dos Callos» será quen de quentar o outono o domingo 6 de outubro a partir das 11:00H. a base da gastronomía da terra e acompañamento musical a cargo do Grupo de gaitas Val do Fragoso e o grupo…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade amplía a súa oferta formativa da temporada 2024/25 co Curso de habilidades dixitais. A actividade está destinada a persoas que queiran aprender o funcionamento básico dos teléfonos móbiles ou tabletas na nova era dixital. Inscricións e máis información na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade

Read More

Os nosos atletas se achegaron o pasado sábado 28 de setembro ata o circuíto da Avenida de Ourense (Marín) para participar na XXV Milla Urbana San Miguel, destacando os seguintes resultados: Daniel Ameneiro – 1° Xuvenil Masculino Xoel Franco – 1° Cadete Masculino Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Deva Pallás – 1ª Alevín Feminina Cíes Rial – 1ª Benxamín Feminina Lucas Costas – 2° Infantil Masculino Candela Alonso – 2ª Alevín Feminina María Costas – 2ª Benxamín Feminina Julia Cotovad – 3ª Xuvenil Feminina Irene Burgos – 3ª Infantil Feminina Fernanda Mateo – 3ª Alevín Feminina Parabéns a todas/os as/os…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta unha nova edición da tradicional “Festa dos callos”. O evento, que comezou a súa andaina no ano 1996, chega á 26. ª edición convertida nun punto de encontro na cidade de Vigo, fomentando o turismo, a gastronomía e a cultura da terra. Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar o domingo 6 de outubro a partir das 11:00 h das racións de callos coa música do Grupo de gaitas Val do Fragoso e o grupo folk “As Escaravellas”. Ademais, atendendo a numerosas peticións, volta o “pintacaras” para os máis pequenos da casa. Comparte…

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade oferta, como novidade do curso 2024/25, Bachata! Se eres unha apaixoada ou apaixoado do xénero nado na República Dominicana, tes unha cita este sábado 28 de setembro ás 19:30 h nas instalacións do C.S.C.R. de Beade. Non o dúbides, ven a probar de balde esta xornada de portas abertas en solitario ou en parella. Inscricións e máis información na secretaría da A.V.C.U.-C.S.C.R. de Beade

Read More

Dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade poñemos en coñecemento das veciñas e dos veciños a seguinte nova relativa ás probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA): RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C). As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de…

Read More

(GAL) Balterius`98 chega a Beade para poñer en escea “Resaca en el Caribe”. O grupo de teatro, procedente de Villabalter (León), ven de estrear esta nova comedia na XXVI SETIC (Semana de Teatro Intergeneracional en la Calle). Sinopse:  Que acontecería se a decisión que estás a piques de tomar neste intre determinase o resto da túa vida? Isto é o que se preguntan os protagonistas nunha comedia chea de situacións divertidas e cun chisco de reflexión sobre as consecuencias do azar nas nosas vidas. Dous matrimonios amigos marchan de vacacións a Cancún e vense envoltos nun conflicto a causa dunha…

Read More

A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público a exposición fotográfica “Rabuñadas”, unha mostra realizada pola Agrupación Fotográfica 8DBAD en favor de Proyecto Gato. Este acto é o primeiro da programación especial que se levará a cabo durante o mes de setembro. A continuación será a quenda das conferencias, sendo: Venres 13 de setembro ás 19:30 h: charla coloquio sobre “Historia da fotografía”. Poñente Antón Pazos. (Duración aproximada 60 minutos). Xoves 19 de setembro ás 19:30 h: charla coloquio sobre fotografía: “Inquedanzas naturais”. Poñente Francisco Crusat. (Duración aproximada 60 minutos). Venres 27 de setembro ás 19:00…

Read More

A Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo”, o Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega” e o Grupo de gaitas “Arume” estarán presentes na Romaría de San Cibrán e San Cornelio. A cita será o 15 de setembro na Carballeira dos Ramallos, onde as tres formacións realizarán as súas actuacións a partir das 11:00H. Vémonos todas e todos!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade inaugura a nova temporada cultural coa chegada da “Cereixa de outono”. O sábado 7 de setembro ás 20:30 h, a Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, “Beade de cine”, un novidoso evento que quere achegar o mundo do cinema a toda a familia nun espazo situado ao aire libre, contando con maxi-pantalla, flocos de millo ou bebida. Para desfrutar dun momento agradable en compaña das amizades e a veciñanza se solicita que o público veña con cadeiras da casa. A continuación, a Sala de Exposicións do C.S.C.R.…

Read More