Autor: avbeade

Dentro do «Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores», ponse en marcha unha nova iniciativa «Bailes en Vigo», que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre nas fins de semana para as persoas maiores, que favorezan aínda máis a súa socialización e, ao mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de bailes sociais nas diferentes entidades e asociacións de todas as parroquias de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Información do baile: Actividade gratuita, de baile social…

Read More

Os nosos atletas se desprazaron o domingo 20 de outubro ata o antigo Campo de fútbol de Santa Marta (Sabarís) para participar no XXV Cross Escolar do Val Miñor, destacando os seguintes resultados: Xoel Franco – 1º Cadete Masculino Candela Alonso – 1ª Infantil Feminina Antón Fuentes – 1º Alevín Masculino Lucas Costas – 2º Cadete Masculino Ángel Rodríguez – 2º Infantil Masculino Sara Rosales – 2ª Benxamín Feminina Mauro García – 2º Benxamín Masculino Alba Lago – 2ª Prebenxamín Feminina Mateo Domínguez – 3º Cadete Masculino Olivia Smyth – 3ª Cadete Feminina Irene Burgos – 3ª Infantil Feminina Daniel Currás…

Read More

Con motivo do sétimo aniversario dos lumes de outubro de 2017, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolleu na tarde do martes 15 de outubro unha mesa redonda para analizar “O papel dos montes de Vigo na cidade: presente e futuro”. Este acto, organizado por Montes de Vigo, contou coa presenza de Salustiano Mato, Catedrático de Ecoloxía Ambiental da Uvigo, e Uxío González, Presidente de Montes de Vigo.

Read More

Os nosos atletas se desprazaron o sábado 12 de outubro ata Ames para participar no I Cros Concello de Ames – Campionato Xunta de Galicia de Campo a través por Remudas Mixto, destacando os seguintes resultados: Lucas Costas – 1º Sub14 Masculino Xoel Franco  – 1º Sub16 Masculino Daniel Ameneiro – 1º Sub18 Masculino Rubén Vázquez – 2º Sub14 Masculino Josep Bastos – 3º Sub14 Masculino Alejandro Mera – 3º Sub18 Masculino Equipo Absoluto do CSCR de Beade – 8º Remudas Mixto (participaron: Francisco Pena – 1º relevo / Aldara Fonseca – 2ª relevo / Marcos Fernández – 3º relevo / Carla…

Read More

Os nosos atletas se desprazaron o sábado 12 de outubro ata San Tomé de Piñeiro (Marín) para participar na XIV Carreira Pinga Pinga, destacando os seguintes resultados: Ángel Rodríguez – 1º Alevín Masculino Candela Alonso – 1ª Alevín Feminina Fernanda Mateo – 2ª Alevín Feminina Cíes Rial – 2ª Benxamín Feminina Carmela Sanromán – 2ª Prebenxamín Feminina Irene Burgos – 3ª Infantil Feminina Antón Fuentes – 3º Alevín Masculino Diego Burgos – 3º Benxamín Masculino Xoana Silva – 4ª Alevín Feminina Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade xa ten dispoñible a Lotaría de Nadal correspondente ao 2024. Este ano xoga co número 05147. De venta na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade en horario de 09:00H. a 15:00H. e de 17:00H. a 21:00H. Que a sorte nos acompañe!

Read More

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai acoller no seu auditorio o “XXXIV Outono Musical”. O evento, que terá lugar o domingo 13 de outubro ás 19:00H. baixo a organización da Banda Escola de Música de Beade, contará coa presenza da Banda de Música Artística de Arcade e da Banda Escola de Música de Beade.

Read More

A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade participará o sábado 12 de outubro no “Festival Lírico REY RIVERO”. A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica de Teis e a Coral Polifónica do CVC de Valladares. O evento, enmarcado dentro da programación dos “Concertos de Outono” de “Vigo, un mar de corais”, dará comezo ás 18:00 h no Salón de Actos do VERBUM.

Read More

O noso atleta Xoel Franco ven de participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-16 coa Selección Galega. Disputando a proba no Estadio Nelson Mandela (Tudela), Xoel realizou a súa MMP nos 1.000 m parando o crono en 2:35.42, marca que lle valeu un 3º posto e, polo tanto, a medalla de bronce. No ámbito colectivo, Galicia acadou a 5ª posición. Noraboa a Xoel e a toda a equipa!

Read More

A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Mirada libre”, unha mostra de Jose Miranda e Rosa Isabel coa que queren transmitir aos visitantes paisaxes con dúas miradas diferentes. Coñecendo aos artistas: Jose Miranda O seu interese pola arte remóntase á crianza, coleccionando todo tipo de ilustracións e realizando pequenas obras e deseños con obxectos atopados. Jose Miranda, debuxa, pinta, recorta, pega, ironiza, reinterpreta e fai homenaxe a todos aqueles seres e lembranzan que poboan a súa memoria. O seu imaxinario responde nun comezo á iconografía popular dos anos 80 e 90, e que trata…

Read More