Autor: avbeade

A Asociación Xuvenil de Beade, en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, vos propón un planazo para o vindeiro sábado 7 de setembro ás 20:30H: unha boa peli para tódolos públicos, un espazo ao aire libre, un anoitecer, unha maxi-pantalla, palomitas de millo, algo para beber… Lembrádevos de traer a vosa cadeira da casa!! Animádevos todos! Non vos ides arrepentir!! Vémonos nun Beade de película!

Read More

A Asociación de Veciños e Club Deportivo do C.S.C.R. de Beade queren trasladar á familia de África Pérez o seu sentido pésame e unha aperta nestes momentos tan compricados.

Read More

O Atlántico Diario ven de publicar na edición do 29 de xullo de 2024 unha entrevista aos adestradores do Atletismo C.S.C.R. de Beade («Fito» Fernández e Pablo Figueroa). Na conversa se tratan temas como a historia do clube, experiencias de superación, a Carreira da Cereixa e o momento de esplendor que está a vivir a entidade. Dende o Club Deportivo do C.S.C.R. de Beade queremos agradecer ao Atlántico Diario e a Jorge Castro pola entrevista. Entrevista completa: https://www.atlantico.net/articulo/entrevista-a/entrevista-atletismo-beade/202407281803191043396.html Foto: Atlántico Diario

Read More

O domingo 4 de agosto terá lugar a «XXXIII Festa do Monte» no Parque Forestal de Beade. A cita contará coa participación dos grupos folclóricos do C.S.C.R. de Beade, sendo o Grupo de pandereteiras «A volta do Demo», Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega» e Grupo de gaitas «Arume». Alí compartiremos festa coa Banda Escola de Música de Beade, Charanga Costamekrelos e o Grupo The Black Fingers.

Read More

Beade prepárase para vivir as Festas de Santa Ana 2024 durante o mes de xullo baixo a organización da Irmandade de Festas de Santa Ana. Este ano contará coa participación da Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores «Ría de Vigo» e da Masa coral do C.S.C.R. de Beade, formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade. O 25 de xullo, a Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores «Ría de Vigo» realizará o tradicional pasacalle a partir das 10:45H. O 26, día de Santa Ana e San Xoaquín, a misa solemne será cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade ás 12:00H.…

Read More

O noso atleta Ángel Rodríguez ven de acadar o récord galego Sub 12 nos 1000 m.l. cunha marca de 3:02.17 Esta crono, realizada o pasado venres 12 de xullo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra, baixou en máis de 1 segundo a anterior (3:03,35), que levaba establecida dende o ano 2015. Moitos parabéns e a seguir sumando experiencias!

Read More

O venres 19 de xullo ás 18:20H temos unha cita na Festa da Cultura! O Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega” e o Grupo de gaitas “Arume” serán os encargados de representar a Beade. Vémonos todos na Porta do Sol!

Read More

Os nosos atletas se achegaron o pasado sábado 6 de xullo ata o Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra para participar no Campionato Xunta de Galicia Sub 16, destacando os seguintes resultados: Xoel Franco – Campión galego dos 1000 m. con 2:38.01 Sabela Vázquez – Bronce en lanzamento de disco con 31.70 Parabéns a ambos e que continúe a aprendizaxe!

Read More